Nota de prensa
BURELA ACOLLERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE DO 16 AO 22 DE SETEMBRO. VARIAS RÚAS SERÁN CORTADAS AO TRÁFICO O VINDEIRO DOMINGO 18, DÍA SEN COCHES. UNHA DAS NOVIDADES SERÁ O CIRCUITO DA DGT, DO QUE PODERÁN DISFRUTAR TODOS OS QUE SE ACHEGUEN AO PAVILLÓN DOS INSTITUTOS DURANTE ESES DÍAS.
Burela, 15 de setembro de 2011. Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade, é o lema da Semana Europea da Mobilidade que se desenvolverá en Burela do 16 ao 22 deste mes de setembro. Un circuito da Dirección General de Tráfico, será unha das novidades da cita deste ano que presentaba no Concello a responsable de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, acompañada por unha monitora de Gaia, pola técnico de Medio Ambiente e pola concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro. Ademáis haberá xogos populares, obradoiros e actuacións musicais, entre outras actividades.
López Eijo sinalou que “do 16 ao 22 de setembro realizaránse unha serie de actividades dentro da Semana Europea da Mobilidade coa que a Concellería de Medio Ambiente pretende difundir, promocionar e concienciar a toda a sociedade da importancia que para o medio ambiente supón o uso dos medios de transporte máis sostibles nos nosos desprazamentos habituais: a pé, en bicicleta e no transporte público”.
A edil de Medio Ambiente explicou que “o lema elexido para este 2011, Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade, está relacionado cos obxectivos marcados pola Unión Europea para o ano 2020 coñecidos como a incicativa 20/20/20 (diminuir un 20% o consumo de enerxía primaria e as emisións de gases de efecto invernadoiro e aumentar o 20% a contribución das enerxías renovables)”.
A Concellería de Medio Ambiente programou unha serie de actividades, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días, e nas que colaboran distintas asociacións de Burela como Buril, Clube Ciclista Burela, Pasada das Cabras, As Encaixeiras, Burela Fútbol Sala, Vagalume, Burela Blues Band, Coral Polifónica, Banda de Música Municipal, Asociación de tambores Dambara, Batuko-Tabanca, Grupo de Corda da Escola de Música, Batuko-Reventola e Ledicia. López Eijo agradecéulles a todos a súa participación nesta cita ao igual que aos distintos establecementos comerciais que tamén estarán presentes na Semana Europea da Mobilidade: panaderías O Forno de Pepe, Trabada e Bahía; supermercados Eroski, Gadis, Froiz, Cemar e 24 Horas; carnicerías Rufino e Dayanpri; pastelería Kiko; churrería Pereiras e frutería Marisol.
Patricia López Eijo, na presentación do programa, subliñou as novidades das que poderán disfrutar os veciños de Burela do 16 ao 22 de setembro, “haberá un circuito da Dirección General de Tráfico, que estará instalado no Pavillón dos Institutos durante todos eses días. Polas mañás durante a xornada escolar distintos colexios, institutos e asociacións disfrutarán de dito circuito con karts eléctricos. A fin de semana e o martes pola tarde, 20 de setembro, o circuito utilizarase para karts, podendo acercarse todos aqueles nenos/as entre 9 e 14 anos que o desexen. O resto das tardes o circuito empregarase para bicis, monopatins, triciclos, etc”.
Outra das novidades desta Semana da Mobilidade “é que ao longo de toda a semana poderase disfrutar de diversas actuacións musicais na Praza da Mariña, gracias á colaboración de distintas asociacións musicais de Burela, ás que agradezo a súa participación”, seguiu a relatar a concelleira de Medio Ambiente.
Patricia López Eijo lembrou que “o domingo día 18 de setembro será o día sen coches, polo que permanecerán pechadas ao tráfico entre as 9 e as 22 horas as rúas Pardo Bazán (entre Curros Enríquez e Eijo Garay) e Eijo Garay (entre Rosalía de Castro e Pardo Bazán). Sei que esto ocasiona un trastorno a todos os residentes nestas rúas, polo que lles pido disculpas e agradezo a colaboración de todos para deixar libres estes viais co obxectivo de que alí se celebren as distintas actividades programadas. Para finalizar o día sen coches organizarase unha merenda saudable á que están invitados todos aqueles que queiran achegarse á praza da Mariña a partires das sete da tarde”.
O programa coas actividades da Semana Europea da Mobilidade pode atoparse nos carteis situados nos establecementos comerciais de Burela, na Biblioteca, na Casa da Xuventude e tamén no Concello.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



