Nota de prensa:
O BNG DE BARREIROS ACUSA AO PARTIDO POPULAR DE CINISMO E HIPOCRESÍA TRAS TER APOIADO O MANTEMENTO DA AMBULANCIA ASISTENCIAL NO PLENO DE BARREIROS MENTRAS VOTABAN EN CONTRA NO PARLAMENTO GALEGO.
Barreiros, 29 de setembro de 2011. O BNG de Barreiros acusa ao PP de cinismo e hipocresía despois de ter apoiado o mantemento da ambulancia asistencial no pleno barreirense mentras votaban en contra no parlamento galego. Para os nacionalistas “o PP está a xogar coa saúde da xente e ríndose dos veciños usando un duplo discurso neste tema”.
O BNG amosouse moi crítico coa actitude do Partido Popular a respecto do mantemento do servizo da ambulancia asistencial na Mariña. “Mentras no pleno do luns en Barreiros as concelleiras e concelleiros do Partido Popular apoiaban a moción presentada polo BNG para que se manteñan os servizos nocturnos da ambulancia asistencial na Mariña, os deputados no Parlamento de Galiza votaban en contra dunha proposta do grupo nacionalista para restaurar estes servizos”, explican desde o BNG.
Os nacionalistas consideran que “unha vez máis, o Partido Popular está xogando coa xente. Novamente mantén un dobre discurso adaptándoo aos seus intereses partidarios, intentando confundir ás veciñas e veciños, mentres se encargan de recortar servizos básicos (como é o caso) ademais de estar a xogar coa saúde de todas e todos para garantir os dereitos das concesionarias”.
O BNG considera que “o que ten que facer agora o Alcalde de Barreiros é cumprir o acordo do pleno e dirixirse á Xunta para esixirlle o mantemento deste servizo. Veremos agora se é certo aquelo que decía hai unhas semanas a respecto de que que fora o PP o que gobernara non ía impedir que reivindicase o que tiña que reivindicar. Agora é o momento de que demostre con quen ten o compromiso o Alcalde de Barreiros: coas veciñas e os veciños ou co seu partido”.
O gasto de persoal está claro nos orzamentos
Os nacionalistas queren tamén insistir en que os datos contidos nos orzamentos do 2011 presentados o luns son claros a respecto dos gastos de persoal. “Sobre un orzamento de 3.397.458,78 euros; 2.132.559,77 euros son para persoal. Cunha simple regra de tres sae o 62,77%. O que fai o Alcalde para falar do 41% é dicir que parte dese persoal é subvencionado. Se non contempla ese gasto, porque son cartos que veñen doutras institucións, entón que tampouco contemple este diñeiro no apartado de ingresos, xa que se non, está falseando os datos para intentar xustificar a súa nefasta xestión”. Desde o BNG engaden que “contempla eses cartos en ingresos para o Concello e despois non quere que se consideren gastos do mesmo. É un xeito de darlle voltas ao asunto para buscar unha xustificación imposible ao elevadísimo gasto de persoal, derivado da política levada a cabo desde a institución municipal”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



