Nota de prensa
NO PLENO FOI APROBADO INICIALMENTE O IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA. AO EQUIPO DE GOBERNO PARECELLE AXEITADO TELO IMPLANTADO PARA CANDO ENTRE O VIGOR O PXOM, SEGUNDO FERNANDO SUAREZ.
Ribadeo, 20 de setembro de 2011. O pleno aprobou de xeito inicial o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Ao equipo de goberno parécelle axeitado que estea implantado para cando estea listo o PXOM, segundo o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, foi aprobado inicialmente e someteráse a exposición pública durante un mes. Trátase dun tributo que está implantado na maioría de concellos do Estado, tamén en concellos de Galicia e na nosa comarca en moitos deles como Viveiro, Foz, Castropol, Navia, Vegadeo… tentamos coller uns tipos non demasiado altos e darlles as bonificacións, sobre todo para sucesións de herdanzas, darlles as máximas bonificacións legais, que é a do 95%”.
Suárez Barcia sinalou que “si o Concello nos últimos anos no ámbito urbano, que é o único onde ten aplicación este tributo, estivo mellorando os espazos públicos, as rúas e polo tanto deu un incremento de valor a esas zonas, si se produce algunha venda de inmobles é lóxico que tamén o Concello requira unha parte, non moi grande, dese incremento de valor que se deu a esas propiedades. Supoño que na situación económica actual pouco vai recadar o Concello por este concepto, pero sí nos parece axeitado de cara a cando o Plan Xeral de Ordenación Municipal estea aprobado e se produza un maior movimento económico que este imposto estea implantado”.
O alcalde ribadense subliñou que “non é un imposto indirecto que se cobra a todo mundo, como o IVA ou os tributos sobre combustibles, únicamente grava aquel incremento de valor na transmisión de bens urbáns, cando se produza ese incremento de valor porque se non o houbese tampoco se cobra, é un imposto que grava a riqueza que se xenera nunha compra-venda, pero son uns tipos moi baixos e o que estimamos recadar non é nada doutro mundo. Temos que ir dando cobertura e ser coherentes, dado que no futuro os ingresos irán a menos, xa están a ser escuálidos porque a Xunta cada vez nos da menos e o Estado nos está a pedir a devolución de ingresos indebidos que primeiro nos dan aos Concellos e despois nos retiran en liquidacións negativas”.
Actividades non sometidas a avaliación de incidencia ambiental
Na sesión plenaria ordinaria celebrada onte aprobóuse de xeito definitivo a ordenanza reguladora de apertura de establecementos para o exercizo de actividades non sometidas a avaliación de incidencia ambiental. Fernando Suárez manifestou que “isto dito de xeito máis claro é a transposición dunha normativa europea, á que nos temos que adaptar os diferentes Concellos e pola que agora será moito máis fácil e máis económica, incluso o Concello recadará moito menos por elo, a apertura de comercios que non teñen unha tramitación complexa, ambiental… unha perruquería, unha tenda de calzado ou de roupa, calquera tipo destes establecementos de fácil apertura. A partires de agora a persoa que queira abrir un negocio deste tipo en Ribadeo só terá que vir presentar unha declaración responsable e ao día seguinte poderá proceder á súa apertura sen ningún problema”.
O alcalde advirte que “nesa declaración responsable que asina ten que dicir que todo o que alí fixo está de acordo coa normativa vixente, porque a ringlón seguido o corpo técnico municipal poderá ir a ese establecemento e ver o que se fixo, si se comproba que se realizou correctamente segundo se declarou non terá ningún problema, pero si se mentiu o Concello poderá decretar o peche desa instalación mentras non se corrixan esas deficiencias. Vai ser moito mellor para que aquela xente de boa fé diga que fixo o que realmente fixo e será un incordio para os que digan que fixeron unha cousa que logo non cumpriron”. O rexedor engadiu que “desde o punto de vista económico para as persoas que queiran abrir un negocio en Ribadeo será moito mellor no conxunto global, o Concello deixará de percibir uns ingresos que antes percibía, pero o que queremos é dinamizar a economía produtiva e queremos ser un dos primeiros Concellos en ter esta normativa europea adaptada, supoño que despois virán o resto de Concellos. Xa nestes últimos tempos moitos Concellos nos pediron a normativa que aprobáramos inicialmente no final do mandato anterior e que agora estamos aprobando definitivamente”.
Por unanimidade foron aprobados os festivos locais para 2012, que serán o 16 de agosto, día de San Roque, e o 8 de setembro, día da Patrona. Cos votos a favor do PP e do BNG foi aprobada unha moción presentada polos populares sobre o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos e cos votos a favor do BNG aprobóuse unha moción plantexada polos nacionalistas sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado.
No pleno celebrado onte foi desestimada a reclamación presentada pola comunidade de montes en Man Común Monte Cordal das Anzas, en relación a unha finca de titularidade municipal. Fernando Suárez dixo que “dado que se presentou unha reclamación formal en vía administrativa tivémoslle que dar unha resposta formal tamén en vía administrativa. Desde o Concello e desde o equipo do goberno non temos ningunha intención de litigar, sempre me puxen a disposición dos veciños para resolver os problemas das Anzas e así me sigo mostrando, pero os informes xurídicos impídennos ceder unha propiedade que está inventariada no rexistro municipal sen perxuizo de que despois entablemos diálogo coa comunidade que nos fixo esa reclamación”.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



