Nota de prensa
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 9,5 MILLÓNS DE EUROS AO COMPLEMENTO EXTRAORDINARIO DE 206 EUROS QUE RECIBIRÁN 46.000 PENSIONISTAS
Os beneficiarios deste complemento percibirán a axuda antes de que remate o ano
O Consello da Xunta autorizou hoxe o proxecto de decreto polo que se establece este complemento extraordinario a favor das persoas beneficiarias das pensións non contributivas da Seguridade Social (PNC), das que perciben o Fondo de Asistencia Social (FAS) e das que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM)
A partida destinada ao complemento das pensións non contributivas figura por primeira vez nos orzamentos de 2011 como “crédito ampliable”, polo que este orzamento se incrementará, de ser necesario, para dar cobertura a todo aquel que cumpra os requisitos
Os pensionistas deberán cumprir dous requisitos: ter residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina de pensións non contributivas na data de entrada en vigor do decreto, o día seguinte da súa publicación no DOG
O compromiso do Goberno galego coas persoas en risco de exclusión non só se reflicte no mantemento deste complemento, senón que de cara a 2012 se incrementa a RISGA nun millón de euros e as AES en 100.000 euros
O orzamento global destinado á inclusión aumentará en 2012 nun 1,5 por cento, de xeito que pasa dos 40,3 millóns aos 41 millóns
Preto de 46.000 galegos e galegas se beneficiarán dun complemento extraordinario de 206 euros grazas ao proxecto de decreto autorizado hoxe polo Consello da Xunta polo que se establecen estas axudas sociais correspondentes ao ano 2011 a favor das persoas beneficiarias das pensións non contributivas da Seguridade Social (PNC), das que perciben o Fondo de Asistencia Social (FAS) e das que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM). O Goberno galego destinará ao pagamento destes complementos extraordinarios máis de 9,5 millóns de euros.
A paga, que se aboará mediante un pagamento único antes do mes de xaneiro, será a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva; de persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas e das persoas que presentan unha minusvalidez e que son beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
O Goberno galego cumpre así o seu compromiso de renovar este complemento, que os pensionistas de Galicia cobrarán antes do mes de xaneiro.
A partida destinada ao complemento das pensións non contributivas figura por primeira vez nos orzamentos de 2011 como “crédito ampliable”, polo que o orzamento se incrementará, de ser necesario, para dar cobertura a todo aquel que o necesite. Polo tanto, a Consellería de Traballo e Benestar garante que calquera persoa beneficiaria das pensións non contributivas recibirá este complemento sempre que cumpra cos requisitos recollidos na normativa.
Para os orzamentos de 2012 mantense a partida para este complemento extraordinario das pensións non contributivas e por segundo ano consecutivo figurará como crédito ampliable.
Para optar a estas axudas non é necesario que os beneficiarios presenten ningún tipo de solicitude nin facer ningún trámite adicional, xa que percibirán directamente o complemento extraordinario os que xa estean cobrando as pensións mencionadas. Así, na actualidade máis de 45.000 galegos e galegas se benefician das PNC, un total de 24 das FAS e preto de 700 do SGIM.
Para recibir estas axudas hai que cumprir dous requisitos: estar en situación de alta en nómina, é dicir, ser xa pensionista na data de entrada en vigor do decreto (o día seguinte da súa publicación no DOG) que autorizou hoxe a Xunta e ter a residencia habitual en Galicia. Deste xeito, o pagamento realizarase de oficio a todas as persoas beneficiarias que reúnan estes requisitos, para o cal se recorrerá á información contida na base de datos da Xunta de Galicia. O pagamento efectivo farase a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde as persoas beneficiarias teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación.Incremento no orzamento de inclusión
Neste contexto de complexidade económica, a Consellería de Traballo e Benestar tamén aumentará a partida destinada á renda de integración social de Galicia (RISGA) de cara ao 2012, tal e como se recolle nos novos orzamentos. En concreto, o seu financiamento incrementarase nun 4,3 por cento. Así, a partida inicial pasará dos 22,7 millóns de euros de 2011 aos 23,7 de 2012.
Hai que ter en conta, ademais, que no ano 2012 a partida da RISGA volverá figurar, por segundo ano consecutivo e ao igual que sucede no complemento das pensións, como crédito ampliable. Isto quere dicir que queda establecido na lei que a partida inicial se incrementará en función das necesidade para dar cobertura a todo aquel que cumpra os requisitos.
O compromiso do Goberno galego coas persoas en risco de exclusión non se reflicte só no aumento da RISGA, senón que o orzamento global destinado á inclusión aumentará en 2012 nun 1,5 por cento, de xeito que pasa dos 40,3 millóns aos 41 millóns. Deste xeito, tamén se verá incrementado o orzamento destinado ás axudas de emerxencia social (AES) en 100.000 euros.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



