Nota de prensa:
O CONCELLO ACENDERÁ ESTA TARDE AS LUCES DE NADAL NAS RÚAS DA VILA. FERNANDO SUÁREZ FIXO UN BALANCE POSITIVO DO MERCADO DO NADAL, QUE ONTE PECHOU AS SÚAS PORTAS DESPOIS DE SEIS DÍAS DE ACTIVIDADE.
Ribadeo, 9 de decembro de 2011. O Concello acenderá esta tarde as luces de nadal nas rúas da vila, segundo anunciou o alcalde, Fernando Suárez Barcia. O rexedor lembrou que será un alumeado máis austero que o de anos anteriores e aproveitou para facer un balance positivo do Mercado de Nadal, que onte á noite pechaba as súas portas.
Suárez Barcia dixo que “aló vai unha edición máis deste Mercado do Nadal de Ribadeo, que despois de seis días de visitas, de ventas, de atraer a xente á nosa vila pechou onte as súas portas”. O rexedor subliñou a importante afluencia de xente a esta tradicional cita, “a pesares desta ponte estrana que tivemos que foi máis que unha ponte un acueducto, onde houbo varios días hábiles para casi todo o mundo, algo que se deixou notar algunha xornada na que non houbo tanta xente como poidésemos esperar e comparándoo con outros anos”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “a sensación é de satisfacción, moita xente acudiu a Ribadeo á carpa, disfrutaron dos obradoiros que alí se fixeron, da exposición de fotos antigas Ribadeo na memoria, a xente mercou produtos nos stands do Mercado do Nadal, pero tamén e sobre todo viñeron a Ribadeo, andiveron pola vila, compraron no comercio, entraron nas cafeterías e nos bares, esto foi o reclamo e a excusa pola que traballamos para que se dinamice o noso comercio local”.
Fernando Suárez anunciou que “hoxe acenderemos a iluminación de nadal, de maneira moito máis austera que outros anos, pero como teño dito outras veces o espíritu navideño lévao a xente nos seus corazóns máis aló dos centos e centos de arcos e de bombillas que poidan estar acesas”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



