Nota de prensa
CELTAPRIX ESTÁ PROCEDENDO Á LIMPEZA DE DISTINTOS VERTIDOS INCONTROLADOS DETECTADOS NAS INMEDIACIÓNS DO MONTE CASTELO E DO PUNTO LIMPO, SEGUNDO A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, PATRICIA LÓPEZ. OS TRABALLOS DERON COMEZO HAI UNHA SEMANA.
Burela, 20 de xaneiro de 2012. Celtaprix está procedendo estes días á limpeza de distintos vertidos incontrolados detectados nas inmediacións do Monte Castelo e do punto limpo, segundo ven de informar a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López.
A edil popular subliñou que “o personal de Celtaprix está a traballar limpando vertidos incontrolados por orde do Concello dende hai 1 semana, de feito a día de hoxe xa se sacaron 4 camións de basura, enseres, escombro e demáis útiles ”. A responsable municipal de Medio Ambiente acompañou hoxe persoalmente ao persoal de limpeza de Celtaprix para comprobar cómo se están a desenvolver todas estas tarefas.
Desde o equipo de goberno piden colaboración aos veciños de Burela “para que non tiren nada nas inmediacións do Monte Castelo nin en ningún outro sitio, porque para iso está o punto limpo onde recollen todo isto de forma totalmente gratuíta”. O horario de apertura do punto limpo para todos aqueles que queiran deixar alí cousas é o seguinte: martes e xoves de 17 a 19 horas e sábados de 9 a 13 horas.
López Eijo lembra que “outra opción é a recollida de enseres porta a porta (totalmente gratuíta tamén) que se realiza tódolos mércores. Previamente hai que avisar ao persoal do punto limpo de que se van deixar enseres e a súa localización, o teléfono ao que hai que chamar é este: 667 51 39 36”.
A concelleira de Medio Ambiente tamén aproveita para recordarlle á xente que “soamente se poderán deixar enseres na rúa os mércores, porque actualmente o persoal de Celtaprix está recollendo enseres todolos días dado que moitos non cumpren cos horarios estipulados, e evidentemente se ven un conxelador ou similar na rúa recólleno”.
Algo similar ocorre co cartón, que se recolle porta a porta os martes, xoves e sábados a partires das 11 horas. López Eijo indica que “todos aqueles que queiran que se recolla o cartón porta a porta deberán avisar ao punto limpo no mesmo teléfono e deixar o cartón na porta entre as 9 e as 10 da mañá.
Tamén quero recordarlle á xente, que os contenedores azuis de papel e cartón están para iso, o persoal de Celtaprix baleira estes contenedores os luns e venres dunha semana e os mércores da seguinte, pero en moitas ocasións está o cartón ao lado do contenedor cando os contenedores non están cheos, así que por favor, queremos pedirlles aos veciños e ás veciñas de Burela que usen estes recipientes para depositar o cartón”. A edil de Medio Ambiente engade que “ás veces tamén hai plástico tirado ao lado dos contenedores. Éstes baléiranse os luns e venres dunha semana e os mércores da seguinte, alternando coa recollida de papel”.
Patricia López Eijo pide colaboración veciñal “este equipo de goberno agradecería que as reclamacións se presenten no propio Concello aportando datos que faciliten o traballo do persoal de Celtaprix, que non está para vixiar nin para rastrear o monte buscando posibles vertidos incontrolados”.
O equipo de goberno do Concello de Burela asegura que “todo o que recolleu Celtaprix nestes últimos días xa levaba ai anos neses sitios e o anterior equipo de goberno nunca fixo nada para solucionalo”. E advirte que “o Concello estudia adoptar medidas sancionadoras contra todo aquel que tire lixo e enseres vellos en lugares inapropiados”.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



