Nota de prensa
A CADA COUSA POLO SEU NOME
Lourenzá, 9 de xaneiro de 2012. Unha vez máis asistimos atónitos as verbas da señora Mª Émma Álvarez Chao, parlamentaria do PPdeG e concelleira de Lourenzá á cal nos gustaría recordarlle o seu posicionamento en torno a este tema, pois non foi outro que o PPdeG o que se negou a paralizalo ERE o que houbera servido para forzar unha negociación máis xusta, de tódolos xeitos xa non nos é novo no concello que para a señora parlamentaria o feito de ter unha opinión distinta a dela ou a do seu partido é condición suficiente como para denominar a actitude dos demais como demagoxia, suxerimos neste punto a utilización dun dicionario, ao noso entender demagoxia é o feito de consentir que se aprobe o ERE en estas condicións poñendo en bandexa de prata a cabeza dos traballadores ao empresario, e recorde señora Álvarez que dita bandexa foi mercada a base de subvencións públicas, demagoxia tamén é o feito de querer quedar ben con tódalas partes mentres se menosprezan os dereitos dunha delas.
O certo é señora deputada que o BNG de Lourenzá non está a xogar nin a manipular e ate o de agora procuramos coñecer os suficientes datos da empresa, a partir do cal fixamos a nosa posición en prol do ben común do noso concello, datos que vostede parece querer desprezar como se non existisen e no seu canto non se cansa de mencionar a eses 119 postos de traballo que aínda quedan, o certo é que desexamos para eses 119 recéns que vostede emprega para xustificar o inxustificábel que o seu goberno se preocupe polas suas condicións laborais de mellor xeito do que o fixo cos 75 afectados.
A verdade é que nos enche de dúbidas o feito de que vostede ou o seu grupo analicen ou xustifiquen esta situación tan a lixeira, señora Álvarez, xa sabemos que dous máis dous son catro, pero afondou vostede máis na problemática actual para saber como chegamos ate aquí, sabe que empresas dominan o sector da madeira en Galiza?, pois moi sinxelo miremos so o cambio de cultivos, do autóctono pasamos ao eucalipto, e aí como non unha multinacional que de Galega non ten nada, a verdade e que non creo que a culpa sexa das multinacionais pois como empresas so desexan gañar diñeiro, a culpa é da política, a política vendida ao mellor postor e ao servizo dos monopolios, a produción agrícola e leiteira vendidas por catro patacóns, a madeira a pesca ou calquera sector no cal antes eramos fortes hipotecados e condenados de por vida, todo en aras do interese do mercado común e da nosa integración na UE ou iso é o que nos venderon por catro autoestradas, as cotas do leite, do peixe, a imposición especuladora de prezos, a moeda única estannos a afogar cada día máis e so agora nos damos de conta de que nos xa non temos as ferramentas para combatelas. Señora Álvarez este é o sistema neoliberal que vostede e os seus defenden, un sistema baseado nunha existencia infinita de recursos aínda que a realidade sexa ben distinta.
Non pretendemos sacar tallada política de nada pois aquí no BNG de Lourenzá somos todos políticos amateurs e así desexamos seguir sendo, so pretendemos abrir un debate que nos leve a esclarecer cal vai a ser o noso futuro e o dos nosos fillos para que nunca máis sexan recen de ningunha empresa, sistema económico ou político.
O BNG de Lourenzá agradécelle señora Chao as suas clases de economía, aínda que para dicir o que dixo non é preciso ser diplomado en ciencias empresariais como vostede é, será que o sistema de educación público non da para máis, e pedirlle que dunha vez por todas deixe vostede de lado esa actitude e nos dea datas e números sobre as actuacións contempladas no acordo da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do 28/12/2011 no parlamento pois como vostede di esas 75 persoas xa están no paro (en un prazo case record), espero que vostede sexa tan belixerante coa concreción de dito plan como o foi para posicionarse a favor do ERE.
Por último señora Álvarez Chao recordarlle que é moi sinxelo facer xuízos de valos dende o punto de vista do cal case con certeza ten o seu futuro asegurado con un bo salario e unha boa posición e onde todas as miserias terreais parecen quedar lonxe, pero créame todos nos as estamos a ver moi de preto, pois mentres se mira para outro lado aprobando EREs case inconcibibles o Sr Director Xeral de móbeis Hermida vai a cea do PP de Lourenzá, supoño que será en mostra de agradecemento, claro!.
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



