Nota de prensa
ILUSIÓN LARANXA DENDE ORIENTE
O CD Burela FS Pescados Rubén adiantouse un día aos Reis Magos de Oriente para repartir ilusión laranxa na súa tradicional visita á sección de Pediatría do Hospital da Costa. Xunto ás xogadoras Lucía e Irene, tamén acudiron onte pola tarde o adestrador do equipo sénior masculino, Quique García, e os xogadores Dani Martín e André.
Os futbolistas compartiron un anaco cos pequenos e entregáronlles algúns agasallos para axudarlles a levar con máis ledicia estas datas afastados dos seus fogares.