Nota de prensa

Hoxe as once e media da maña producíronse concentracións de empregados públicos diante do Hospital da Costa, unhas 200 persoas, e diante da Resicencia de Terceira Idade de Burela que contou co apoio de unhas 50 , o motivo era o de manifestar o rexeitamento ó Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público,que se estaba a aprobar neste mesmo día no Consello de Goberno da Xunta de Galicia, e que supón, coa escusa da crise e o aforro, un atentado ó Emprego Público e por ende unha agresión en toda regla aos empregados/as do sector público autonómico concretado en medidas tales como:
A suspensión do fondo da Acción Social, medida que ven a agravar a situación dos empregados do sector público con menor nivel retributivo, cabe que sinalar que non poucos deles non son nin mileuristas.
A precarización do traballo do persoal eventual e interino (ataque sen precedentes), o que se poderá reducir até un tercio a súa xornada e salario, o que sen dúbida suporá ben un deterioro na calidade das prestacións, ben un incremento das asistencias técnicas ou a esternalización dos servizos.
O recorte inaceptable e unilateral do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia co que se pretende suspender as compensacións acordadas por domingos e festivos traballados, medida que non axuda precisamente o descenso do desemprego, máis o contrario.
Do mesmo xeito que outros recortes de dereitos consolidados e adquiridos mediante a negociación colectiva: complemento do 100% en caso de IT, rebaixa nos días de asuntos persoais, etc. Como compensación a estas regresivas medidas proponse a suspensión “temporal” do complemento de ex altos cargos, antiga reivindicación retirando o termo “temporal”.
Polo que e diante de todas estas medidas, as organización sindicais maioritarias, acordan en distintas e multitudinarias asembleas, realizadas o longo das pasadas semanas nos centros de traballo máis representativos:
1º Pedir a retirada inmediata do Anteproxecto.
2º O establecemento de un calendario continuo e variado de mobilizacións.
3º A presentación de unha alternativa ao Anteproxecto onde se mostra o que a xuízo destas organización, si suporía un aforro real, sen que o peso do mesmo recaía de novo no denostado colectivo de Empregados Públicos.
MANIFESTO SINDICAL CONTRA O ANTEPROXECTO DE LEI DE MEDIDAS NO EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA DE GALICIA.
Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar. Deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia. Satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.
Todas as medidas propostas, neste anteproxecto de Lei, supoñen un ataque brutal e inxustificado, dirixido, unha vez máis, ao conxunto dos empregados e empregadas públicos, medidas que, de aplicarse, condicionarán, aínda máis, o futuro dos Servizos Públicos en Galicia; en consecuencia, debemos rexeitar e rexeitamos todas e cada unha das medidas propostas en base ao seguinte decálogo.
Primeira:
As medidas recollidas no Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público supoñen un severo retroceso nos dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadoras do sector público, dependente da Xunta de Galiza. Trátase dun anteproxecto lesivo para o Sector Público, para os empregados e empregadas públicos/as e para a cidadanía, pois supón unha degradación da imaxe pública dos traballadores/as, unha desvalorización da Administración Pública, unha mingua na calidade dos servizos prestados á cidadanía e a destrución de emprego.
Segunda:
O goberno da Xunta fai recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre os empregados e as empregadas públicos/as: os traballadores e traballadoras públicos/as sufriron unha diminución do salario real medio de máis do 13% nos últimos tres anos, a taxa de reposición aplicada na administración foi moi baixa, reduciuse emprego público pola vía das interinidades/substitucións e retrocedeuse severamente en dereitos sociais.
Terceira:
As medidas presentadas supoñen un novo erro nas políticas adoptadas para saír da crise e só terán efectos negativos tanto sobre o conxunto da actividade económica, retraendo o consumo e o poder adquisitivo dunha parte da poboación, como sobre os servizos públicos reducindo o persoal e, polo tanto, a calidade dos servizos que se prestan. Consideramos as medidas propostas como un acto demagóxico para xustificar a política de recortes nos servizos públicos, practicada por este goberno, mentres que o gasto público e o malgasto se dispara en asesores políticos, asistencias técnicas e gastos suntuarios, sen que este goberno adopte medidas correctoras. Non se toman medidas contra a fraude fiscal nin se aplica unha política fiscal progresiva que grave máis as rendas de capital e que pague máis o que máis ten.
Cuarta:
Porque non se xustifican máis medidas de axuste. Desde hai tres anos, o Goberno galego reincide no recorte do gasto público como única vía de reducir o déficit público, sen que isto se traduza nunha recuperación da actividade económica. Non se pode seguir incidindo nas políticas de recorte de gastos. Galicia ten marxe e competencias para actuar en materia fiscal e obter máis ingresos para diminuír o déficit e non continuar desmantelando o Sector Público e recortando os dereitos laborais e salariais dos seus empregados e empregadas.
Quinta:
As medidas son discrecionais quedando, en moitos casos, ó arbitrio da Administración e provocan desigualdades entre os diferentes colectivos. Consideramos intolerábel que quen enferme pague, pois iso significa a detracción de parte das súas retribucións nesta circunstancia, para pagar a mala xestión e a dilapidación deste goberno.
Sexta:
Non todas as actuacións propostas supoñen a suspensión temporal de normas ou preceptos, o que implica que, unha vez máis, se aproveita a escusa da crise para adoptar medidas de cambios estruturais no emprego público baixo a aparencia de medidas conxunturais. Consideramos discriminatorio que o persoal temporal ou interino poida ver reducida nun terzo a súa xornada e retribucións, mentres o seu traballo pode ser feito por empresas privadas.
Sétima:
Unha boa parte das actuacións teñen como finalidade a redución do emprego público, a ampliación da xornada ou a aposta pola xubilación do persoal que traerá consigo a amortización de postos de traballo.
Oitava:
Vulnera o dereito á negociación colectiva na Administración Galega e no sector público autonómico, derrogando convenios e modificando unilateralmente o V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Novena:
Reduce o salario dos empregados e empregadas públicos/as, xa que recorta prestacións sociais que son salario diferido.
Décima:
Estas medidas non garanten que non poidan vir novos recortes dos PGE.
Por todo isto, ESIXIMOS a inmediata retirada deste anteproxecto de Lei de medidas no emprego público.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



