Nota de prensa
OS SOCIALISTAS ESIXEN EXPLICACIÓNS SOBRE A SINISTRALIDADE VIARIA DA ESTRADA LU-132 (LOURENZA-VILAFERNANDO)
-O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal
Advirte, que esta vía na actualidade, soporta unha intensidade media de tráfico de preto de 500 vehículos, así como unhas obras de mellora e reforzo do firme que están causando graves problemas de accidentalidade
– Solicita os datos de accidentes que se levan producido no treito que se está reparando nesta estrada autonómica
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2012. O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa no Parlamento para reclamar explicacións sobre as actuacións que esta levando a cabo a Xunta na estrada LU-132.
O deputado explica que a estrada autonómica LU-132 (Lourenzá – Vilafernando) conta cunha lonxitude de 21,66 quilómetros que vertebran e comunican estas localidades e o Concello de Trabada.
Advirte que na actualidade soporta unha intensidade media de tráfico de preto de 500 vehículos, así como unhas obras de mellora e reforzo do firme que están causando graves problemas de accidentalidade nestes días.
López Vidal quere coñecer en que data foi licitada e adxudicada esta obra, que empresa está a realizar os traballos, importe dos mesmos e en que prazo deberán estar rematados?. E tamén “que tipo de medidas de seguridade están sendo implementadas nesta actuación?”.
O parlamentario demanda explicacións sobre si se respectan por parte da empresa adxudicataria tódalas medidas previstas e contidos no proxecto de obra, en relación coa seguridade e a mobilidade alternativa no tramo no que se están executando os traballos?
Ademais solicita os datos de accidentes que se levan producido no treito que se está reparando nesta estrada autonómica. E por ultimo pregunta si “está a influír nesta sinistralidade a deficiente sinalización das obras, así como a habilitación dunha vía alternativa?”.