Nota de prensa:
O Concello de Cervo anuncia que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas por fillos menores de 3 anos
-A axuda consiste nun pagamento único de 360 euros por fillo ou filla
-As persoas beneficiarias teñen que cumprir uns requisitos, entre eles, non ter presentado a declaración da renda do exercicio 2010
-As solicitudes pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello ata o 26 de marzo.
Cervo, 19 de febreiro de 2012-. O Concello de Cervo informa aos veciños da apertura do prazo para solicitar as axudas económicas por fillos e fillas menores de 3 anos. A orde pola que se regula esta subvención saíu publicada esta semana no DOG, polo que as solicitudes pódense presentar ata o vindeiro 26 de marzo incluído e para iso poden achegarse ata a Casa Consistorial de Cervo, onde poderán recibir información e tamén entregar a documentación. Trátase dun pagamento único de 360 euros por fillo ou filla ao que poden optar as persoas que teñan fillos ou fillas menores de 3 anos e que non presentaran a declaración da renda correspondente ao exercicio de 2010 por non estar obrigados.
En concreto, poden pedir este pagamento único as persoas con fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012, é dicir, os menores de 3 anos a data do 1 de xaneiro deste ano. Tamén poden ser beneficiarios os proxenitores de fillos adoptados ou en acollemento. Neste caso, o tempo contabilizarase dende a data da resolución xudicial ou administrativa.
Ademais, existen outros requisitos para poder recibir a axuda, como son que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia e os fillos convivan co solicitante na data da solicitude.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



