Nota de prensa:
XUVENTUDE OFERTA PRETO DE 900 PRAZAS NO PROGRAMA ‘AULA XUVENTUR’ QUE INCLÚE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E CREATIVIDADE
A iniciativa, que se convoca por segunda vez tras o éxito do ano pasado, combina actuacións de aprendizaxe e o tempo de lecer
O prazo de inscrición abrirase o próximo xoves na páxina web www.xuventude.net
A Consellería de Traballo e Benestar ofrece tres módulos de accións diferenciados en función da temática e das idades dos participantes nos albergues das Sinas, LUG 2 e Gandarío
Santiago, 19 de febreiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar ofertará este ano máis de 890 prazas para os mozos e mozas que queiran participar no programa ‘Aula Xuventur’ que inclúe actividades relacionadas coa educación ambiental e a creatividade, combinando a aprendizaxe e o tempo de lecer.
O prazo de inscrición para esta iniciativa abrirase o próximo xoves 23 de febreiro e rematará unha semana antes do inicio de cada quenda. As solicitudes poderán presentarse a través da páxina web www.xuventude.net.
É a segunda vez que se desenvolverá esta iniciativa en Galicia tras o éxito acadado na anterior convocatoria realizada en 2011. A finalidade é facilitar á mocidade galega unha experiencia educativa alternativa e complementaria ao seu aprendizaxe nas escolas.
Desta forma, ofrécense tres módulos de actividades diferenciados en función da temática e das idades dos participantes. ‘Vive o mar, ‘Multiaventura de cine’ e ‘Camiño a Durban’.
O primeiro de eles, ‘Vive o Mar’, está dirixido a mozos de entre 12 e 16 anos que estean cursando primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso da ESO. Neste caso ofreceranse coñecementos e aprendizaxes sobre o medio mariño e o seu entorno no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, en sete quendas de dous días entre os meses de marzo e abril.
‘Multiaventura de cine’ terá lugar no albergue xuvenil LUG 2, en once quendas de tres días, entre os meses de marzo e xuño. Con esta iniciativa o que se pretende é achegar aos participantes o cine como ferramenta de desenvolvemento de habilidades sociais, creatividade e autocoñecemento, complementando todo isto con actividades de deporte activo. Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato o primeiro ciclo de grao medio.
Por último, ‘Camiño a Durban’ consistirá na realización durante tres días dun xogo de rol sobre educación ambiental, tendo como fío condutor o cambio climático, co obxecto de favorecer un achegamento ao concepto de educación ambiental e desenvolvemento sostible, sensibilizar da problemática do cambio climático, as súas causas, efectos e medidas paliativas.
Nesta iniciativa poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato ou primeiro ciclo de grao medio. Terá lugar no albergue xuvenil de Gandarío, en seis quendas de tres días, entre os meses de marzo a maio.
En definitiva, ‘Aula Xuventur’ quere promover a participación da mocidade galega en actividades e programas poñendo a disposición da mocidade galega a rede de albergues xuvenís de Galicia, cumprindo, desta forma, co obxectivo marcado no Pan de Xuventude 2013.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



