Nota de prensa
A XUNTA destaca os parques comarcais de bombeiros como exemplo de prestación conxunta de servizos
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, supervisaron hoxe á actuación realizada polos membros do parque de Viveiro durante o simulacro de incendio que levaron a cabo no CEIP de Covas
Arias salientou a importancia da colaboración entre administracións para ofrecer aos cidadáns mellores servizos de xeito máis eficiente e puxo como exemplo o traballo desenvolto desta dotación, que leva realizado 59 actuacións nos últimos meses
Viveiro, 29 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, supervisaron hoxe a actuación realizada polos membros do parque comarcal de Viveiro no simulacro de incendio que levaron a cabo no CEIP de Covas, dentro do propio municipio vivariense, e no que participaron activamente os preto de 200 alumnos e os mestres do centro.
Arias, que felicitou aos traballadores do parque de Viveiro polo seu traballo ao longo do preto dun ano de funcionamento da instalación, significou que esta dotación realizou dende a súa apertura 59 actuacións de diversa índole, 8 delas, durante os dous meses transcorridos deste 2012. O parque comarcal con base en Viveiro da servizo aos cinco concellos máis occidentais da costa de Lugo (O Vicedo, Xove, Ourol, Cervo e Viveiro) e atende directamente a unha poboación de arredor de 30.000 habitantes nun radio de case 500 quilómetros cadrados.
A delegada territorial citou precisamente o funcionamento destes parques comarcais de bombeiros como un bo exemplo de cooperación entre Administracións. “A labor contra incendios e de salvamento que prestan os consorcios comarcais representan un referente na prestación conxunta de servizos, ofrecendo a mellor resposta aos cidadáns con maior eficacia e eficiencia”, expuxo Arias, que agregou que é “unha prestación conxunta de servizos que a Xunta pretende estender a outros ámbitos e que fomentará a través das súas convocatorias de axudas e subvencións”.
Arias lembrou que a Xunta estendeu este modelo de xestión dos parques comarcais por todo Galicia, “para que todos os cidadáns poidan gozar hoxe en día do magnífico funcionamento da rede de parques comarcais”, que xa chega aos 25 na nosa Comunidade. Ademais, destacou o exemplo de lealdade institucional que representan estes parques, nos que existe unha frutífera e produtiva colaboración entre a Xunta, as deputacións e os concellos implicados.
A delegada territorial estivo acompañada durante a súa visita, ademais do director xeral de Emerxencias e Interior, polo presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



