O pasado venres o Parlamento de Galicia aprobaba cos votos favorables do Partido Popular e do Partido Socialista a iniciativa da que é autor Jose Manuel Balseiro e na que se pide á Xunta de Galicia que articule un novo sistema de distribución do peixe e marisco -tanto do requisado nos operativos contra o furtivismo, como tamén do procedente dos descartes pesqueiros- para que poida ser aproveitado polos comedores sociais e cociñas económicas do conxunto da nosa comunidade.
Tamén na nosa provincia, vémolo a diario na prensa, a incidencia da crise leva a moitas familias a ter que ser amparados por estas institucións benéficas ao obxecto de garantir que podan acceder a un prato de comida. Esta realidade obriga ás administracións públicas a ser especialmente sensibles e ofrecer medidas útiles, prácticas e construtivas, como a que aquí se propoñía, para colaborar con estas organizacións solidarias que están a desenvolver tan meritoria labor social.
Inexplicablemente, mentres que no Parlamento de Galicia máis das tres cuartas partes das deputadas e deputados foron sensibles a esta realidade e comprobaron as bondades desta iniciativa, na última sesión plenaria da Deputación de Lugo o acordo non foi posible. A iniciativa, trasladada ao Pleno polo Partido Popular non prosperou porque PSOE e BNG decidiron votar na súa contra.
Este comportamento contraditorio di moito da falta de criterio que teñen hoxe os integrantes do Goberno bipartito da Deputación. Pero ademais deixan nun máis que notable ridículo político aos seus integrantes que, desde a comodidade do pazo de San Marcos, pretenden lavarse as mans cando poderían colaborar con centos dos seus veciños que están a pasalo mal.
Que a portavoz do Mar do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia -que nun dubidamos coñece o seu ámbito de traballo-, así como o resto dos deputados socialistas en Santiago sexan capaces, non so de entender as bondades desta iniciativa, se non incluso unirse ao PP votando favorablemente para a súa posta en marcha, demostra o moito equivocados que estaban na Deputación de Lugo cando rexeitaron a nosa iniciativa. Pero tamén -e dun xeito máis destacado, se cadra- deixa en evidencia ao deputado socialista Jose Ramón Val Alonso que veu como cada un dos argumentos que empregou para intentar descualificar a iniciativa do PP nin valen, nin convencen, nin llos cren os seus propios compañeiros de partido.
O Goberno da Deputación cos seus ollos pechados ante a realidade o co sectarismo do seu proceder, está a facer un gran dano á provincia. Está claro que non lles importa o benestar dos lucenses. Teñen un pacto de goberno baseado na desconfianza mutua, que obriga aos socialistas a votar en sentido contrario en Santiago e en Lugo para non molestar aos seus socios. Antepoñen conservar o poder, os despachos, os privilexios a impulsar proxectos positivos para os lucenses. Antes que colaborar coa Xunta, prefiren incluso que se tire o peixe ao lixo. E unha vez tras outra, non deixan de cometer errores e de demostrar que teñen poucos principios, que para os lucenses non son de fiar.
Elena Candia López




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



