A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA PRESENTA ALEGACIÓNS Á PROPOSTA DE AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000 DE GALIZA
Criminalización da actividade agraria e a imposición desta ampliación sen a necesaria
participación social centran as alegacións presentadas A finais de Decembro de 2011 a Xunta de Galiza presentou a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza e aí deu comezo o debate público do incremento en superficie dunha das políticas ambientais de maior calado na Galiza.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA este é o primeiro argumento que pensamos que serve
para darlle marcha atrás a esta proposta de ampliación; unha normativa debe ser aceptada como
algo positivo polo conxunto das zonas afectadas, A presente proposta de ampliación da Rede
Natura 2000 non foi consensuada socialmente, nin tan sequera a Xunta de Galiza fixo charlas ou
xornadas informativas ao respecto, enterándose os afectados pola prensa unha vez o Conselleiro
do Medio Rural presentou no parlamento galego a nova proposta de ampliación da Rede Natura.
De nada serve basear unha normativa ambiental só nas prohibicións, esta debe ir acompañada
dunha serie de medidas que impulsen a superficie afectada cara actividades económicas
sustentables.
Tamén denunciamos o intento de criminalizar a actividade agraria, algo que é totalmente
distorsionado da realidade, xa que agricultura e gandeiría na Galiza son actividades que se
atopan en perfecta armonía, podendo asegurar que os espazos naturais, tal e como hoxe os
coñecemos, non tería chegado aos nosos días de non ser pola actividade agraria e incluso afirmar
que a actividade agraria que se fai na Galiza é a mellor garantía de conservación e protección do
noso medio ambiente.
Tampouco se fai referencia na proposta de ampliación á Rede Natura á singularidade da
actividade agraria galega como elemento diferenciador e xerador dunha importantísima
biodiversidade agraria, facendo posible que o medio ambiente estea moito menos afectado que
noutras zonas. É responsabilidade de todos e todas, e en especial das administracións, tomar
medidas que permitan conservar na medida do posible esa situación privilexiada.
O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galiza establece unhas restriccións máis flexibles cando
a superficie afectada dun término municipal é maior do 40% do seu territorio. En base a isto,
demandamos que, nos concellos onde a superficie afectada quede segundo a proposta de
ampliación da Rede Natura, pouco por baixo do 40%, se aumente a superficie proposta nesta
ampliación para que quede, finalmente, por riba dese porcentaxe. Esta ampliación non pode traer
máis que beneficios. Sirva coma exemplo os concellos de A Fonsagrada e As Nogais, cunha
superficie afectada de aprobarse a ampliación da rede natura 2000 de 39,7 e 39,3 %
respectivamente.
Deste xeito, evitaríamos que esta ampliación supoña impedimentos para poder facer, por
exemplo, instalacións vinculadas á actividade agraria familiar, como poden ser pequenas
construccións necesarias para garantir a viabilidade de explotacións gandeiras en réxime
extensivo e así non poñer atrancos á viabilidade a que é a principal, e incluso a case única,
actividade económica de moitas comarcas galegas.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



