EXPLICACIÓN PÚBLICA DA MIÑA SITUACIÓN INTERNA NA FORMACIÓN POLÍTICA NA QUE MILITO.
* Na miña opinión non é un momento agradable para o nacionalismo galego ver como xestionaron a vitoria os que gañaron na XIII Asemblea do BNG hai poucas semanas e como xestionaron a derrota moitos dos que nela perderon, iso si, por estreita marxe. De un tempo a esta parte, eu e moita xente do Bloque apostamos e arriscamos desde o compromiso sincero co país para mudar o BNG desde dentro, cousa que a día de hoxe non ten acontecido.
Pero moi por riba de todo isto, o momento social, económico e institucional que vive a nosa sociedade lévame a confirmar a miña permanencia a título individual na formación política na que levo 17 anos, é dicir, o Bloque Nacionalista Galego.
Entendo que Ribadeo en particular e Galiza en xeral, merecen que as persoas que nos presentamos por unhas siglas a unhas eleccións e que chegamos a pedir o voto para elas, sigamos nelas exercendo o noso labor político e institucional durante o período que corresponda. Iso si: Eu non renuncio a seguir traballando para cambiar o BNG desde dentro. Así son e así hei seguir, pensando como pensamos moitos/as de nós de que o BNG ten que dirixirse doutro xeito á sociedade, para que esta confíe nel, como xa fai en Ribadeo, e así poder servirlle máis e mellor para defendela e transformala para ben con dignidade, con benestar e con xustiza. Este foi, é, e será o meu norte en política, máis aló do que unha organización como o BNG impoña nun momento determinado.
Non desexo, e farei canto poida para que estes desencontros nos que actualmente se encontra o BNG poidan afectar ao goberno municipal de Ribadeo, máxime cando a sociedade ribadense nos demanda rigor, compromiso, dedicación e que as loitas internas partidarias non lle pasen factura á gobernabilidade do Concello no que temos a honra e a responsabilidade de servir.
Decido persoalmente por todo isto quedar onde xa estou, aínda que a dirección actual do BNG deba saber que non fico incondicionalmente e que polo tanto agardo pasos na Dirección política do BNG que demostren que nesta organización hai sitio para todos/as e que evidencien que eu e outros compañeiros/as, nestes momentos, adoptamos a decisión correcta. O tempo, como testemuño fiel, dirá se estivemos acertados ou non.
Ribadeo, 12 de marzo de 2012
Asdo. Fernando Suárez Barcia
Militante do BNG e actualmente Alcalde de Ribadeo

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



