Nota de prensa
Independientes de Viveiro
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS
1. O cruce que vai a Celeiro, frente a depuradora nos seus tres ramales ten bastantes baches, e por elo que preguntamos ¿Cando se vai proceder o seu arranxo?
2. Recentemente pechou o Hotel Orfeo. Diante do local que ocupaba o cine, había unha sinal de vado, que agora non a hai. ¿vaise seguir permitindo o aparcamento nesa zona?
3. Ademáis do apagado do alumeado do paseo maritimo, ¿estase aplicando nalgun outro sitio do Concello máis apagados para reducir o consumo e asi aplicar o aforro enexético?
4. Segundo nos fixeron chegar varios veciños, a fonte de Verxeles esta a votar pouco caudal, ¿podenos explicar a que e debido este feito?
5. Temos un centro de dinamización nos claustos de San Francisco, infravalorado, ¿esta previsto a organización por parte do Concello dalgun curso para poñelo en funcionamento e sacarlle proveito?
6. En Lodeiro, dende o numero 18 ata o 26 está a acera sen rematar, ¿ten pensado o equipo de goberno a curto prazo de facer o tramo que falta?. Asi mesmo enfrente, pero dende o numero 16 ata a entrada para o aparadoiro do ambulatorio tampouco existe a acera, ¿cando está prevista a sua construcción?
7. Temos coñecemento que no Xeriatrico de Viveiro a estas altura s, e cando xa vai un ano da súa posta en marcha ainda está sen cubrir a praza de psicologo/a, o que nos parece un posto esencial para desenvolver con eficacia o traballo coas personas ali internadas, ¿Ten constancia deste feito o equipo de goberno?
8. df
9. d
10. d
11.
ROGOS
1.- ROGAMOS que por parte do Concello se inste os donos das parcelas de Lodeiro dos numeros 22,24 e 26 e esixirlles o seu adecentamento en canto o corte da maleza, e asi como a retirada da escombreira que nalguha delas se atopa, ademaís d canalización da auga que descorre dado que en moitas ocasión cruza a calle e chega o aparcadoiro do centro de saude.
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



