Nota de prensa
Independientes de Viveiro
O Concelleiro abaixo firmante, Jesús Fernández Fernández, do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
PROPOSICIÓN
APARCAMENTO NA ZONA DO PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO
Desde fai unhas semanas o acceso o porto deportivo de Viveiro, dende a avda de Ramón Canosa, esta restrinxido ó trafico en xeral, agás os usuarios que teñen unha embarcación no porto, pero entendemos que debería de ser a restricción dende donde estaban colocadas as vallas anteriormente, e que nunca foron utilizadas, perto do edificio que ía ser destiando a garda civil do mar, dado que a zona da marxe dereita do porto, perto da carretera, sempre se utilizou como aparcadoiro, sobor de todo en datas especificas como poden ser carnavales, Semana Santa, feira renacentista, festas da pescadería, festa do vran ou no nadal, dado os insuficientes aparcamentos cos que conta Viveiro.
Por todo o exposto anteriormente, dende Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro, PROPOÑEMOS o Pleno, a aprobación do seguinte acordo:
1. Instar e solicitar a Portos de Galicia, ou a Ronáutica, empresa que está xestionando na actualidade o porto deportivo, autorización para a utilización da zona sinalada anteriormente, como aparcamento, para a vindeira semana Semana Santa e facelo extensible ás datas sinaladas anteriormente, que como todos sabemos a poboación de Viveiro multiplícase por tres.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



