Nota de prensa
POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL TERÁN MÁIS PRESENZA NA RÚA PARA EVITAR QUE SE SIGAN A PRODUCIR ROUBOS EN RIBADEO. ASÍ SE ACORDABA NA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE QUE PRESIDIRON O SUBDELEGADO DO GOBERNO E O ALCALDE.
Ribadeo, 6 de marzo de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pedíulle ao subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, maior coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local para loitar contra a delincuencia no concello. O rexedor ofrecéulle colaboración absoluta da Policía Local á Garda Civil, e subliñou que os axentes locais estarán máis na rúa tanto de día como algunhas noites.
Suárez Barcia dixo que “no Concello somos conscientes de que as taxas de criminalidade non son elevadas, pero sí que son máis elevadas que noutros concellos da zona. Trátase de achegar o hombro entre a Policía Local e a Garda Civil para favorecer que a información flúa e que sirva para coller aos autores dos feitos”.
O alcalde de Ribadeo explicóulle ao subdelegado do Goberno “a intención que ten o Concello, tal e como anunciei hai uns días, de que a Policía Local vai estar máis tempo na rúa, vai patrullar máis e vai patrullar máis noites para intentar, de maneira coordinada coa Garda Civil, ter maior presenza e así de favorecer que os ladróns o pensen dúas veces antes de actuar. E pedínlle ao subdelegado do Goberno no transcurso desta xunta local de seguridade que a Garda Civil estea máis presente en Ribadeo, incluso con axentes de paisano”.
Fernando Suárez ofreceu “coma sempre, a nosa colaboración absoluta. Hai cousas que se poden mellorar, si ben é certo que hai catro anos cando cheguei á Alcaldía había xuntas locais de seguridade, e que ninguén se moleste, pero no que tiña que ver coa coordinación non valían para moito. Creo que están valendo para moito máis do que valían, pero aínda poderían valer para moito máis. Eu desde o Concello ofrezo colaboración, máis persoal que traballará máis días e máis horas, e coordinados coa Garda Civil. Pídolle ao subdelegado que este incremento non supoña un decremento da Garda Civil na rúa para conseguir que os parámetros de delictos sexan homologables a outros concellos da súa contorna”.
A xunta local de seguridade de Ribadeo, a primeira á que asiste nun concello o novo subdelegado do Goberno en Lugo, prolongóuse por espazo de máis de hora e media. Un encontro no que se analizaron dúas cuestións: a seguridade en Ribadeo e a adhesión do Concello ao protocolo de coordinación para a protección das víctimas da violencia doméstica e de xénero. Na xunta local de seguridade participaron membros da Policía Local, da Garda Civil de Ribadeo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Autonómica e do corpo de violencia de xénero da Delegación do Goberno en Galicia.
Ramón Carballo, o subdelegado do Goberno, dixo que “xa existe unha boa colaboración entre a Policía Local e Garda Civil”, pero recoñeceu que “se pode mellorar evitando duplicar efectivos na mesma zona esquecendo outras” e que “compartiremos a información que temos, sempre respectando as competencias de cada corpo”. Carballo indicou que “haberá máis presenza policial nas rúas e que haberá xuntanzas periódicas entre a Garda Civil e a Policía Local de Ribadeo para preparar as actuacións a levar adiante, e tamén para coñecer o calendario de traballo polas noites dos axentes locais”. O subdelegado lembrou o traballo desenvolvido polas unidades de tráfico coa realización de controis ás entradas e saídas de Ribadeo, e o da unidade da Policía Xudicial “que presta os servizos desde a comandancia e que nos está axudando a esclarecer os delictos e os pequenos hurtos que se están a cometer”.
Segundo os datos facilitados este mediodía por Ramón Carballo o índice de delincuencia en Ribadeo é un pouco superior ao doutras zonas da provincia “xa que aquí estamos no 36 por mil cando na provincia está entorno ao 20 por mil”. O subdelegado insistiu en que “Ribadeo segue a ser un sitio tranquilo e non temos que alarmar á poboación”. En xaneiro deste 2012 foron detidas 6 persoas en Ribadeo pola comisión de diversos delictos. En total no 2010 practicáronse 39 detencións e no 2011 ascenderon a 55. O subdelegado do Goberno sinalou que “o índice de esclarecemento dos feitos está nun 70%”.



















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



