Nota de prensa
XINCANAS EDUCATIVAS, CONTACONTOS, DEPORTE E DIVERSOS OBRADOIROS CENTRAN AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO PARA AS NENAS E OS NENOS DE RIBADEO DURANTE A SEMANA SANTA. A INSCRICIÓN XA ESTÁ ABERTA NA CASA DA XUVENTUDE.
Ribadeo, 19 de marzo de 2012. Xincanas, contacontos, fútbol, baloncesto e diversos obradoiros centran as actividades organizadas polo Concello para os nenos/as e os rapaces/as de Ribadeo durante a semana santa. A inscrición xa está aberta na Casa da Xuventude, ubicada na rúa Antonio Otero, ao carón da biblioteca municipal. A programación foi presentada esta mañá polo concelleiro de Mocidade, Xavier Campos.
O edil nacionalista sinalou que “nesta ocasión desde a OMIX e desde a Área de Mocidade do Concello presentamos a proposta de actividades para a semana santa que pensamos para todos os nenos e nenas de Ribadeo. Como xa ven sendo habitual desde a OMIX prepárase un programa diverso e extenso pensando no lecer, no ocio e na formación dos nosos nenos e nenas. A programación dura tres días, o 2, 3 e 4 de abril e temos propostas de diversa índole”.
Campos explicou que “haberá campionatos de 3 x3 de fútbol e baloncesto, haberá propostas formativas como obradoiros de cociña creativa, de fotografía, de risoterapia e tamén haberá unha iniciativa novidosa que chamamos Explorando Ribadeo, Olimpiada popular, que consiste nunha xornada lúdico-educativa polo roteiro das Aceas, haberá un paseo, xantar e tarde de lecer na Casa das Algas. Trátase de poñer en valor o noso entorno medioambiental e espazos como a Casa das Algas, que recentemente foi recuperada e xa é de titularidade municipal. Teremos tamén actividades outro tipo como xincanas educativas, ou un contacontos”.
Para o concelleiro de Mocidade “o que é interesante é que os pais e nais nesta semana se informen e chamen á Casa da Xuventude no 982 129 889 ou que pasen directamente por alí, na rúa Antonio Otero, ao carón da biblioteca municipal. A OMIX ata hai poucas semanas tiña a súa sede no auditorio municipal e a partires de agora comeza unha nova etapa centralizando toda a actividade infantil e xuvenil na propia Casa da Xuventude, polo que convido a todos os pais e nais a que se acheguen por alí”.
Os días 2, 3 e 4 de abril haberá campionatos de 3 x3 de fútbol e baloncesto, que terán lugar de 11 a 14 horas na praza do Cantón e que serán para nenas e nenos de 8 a 15 anos.
O 2 de abril terá lugar un obradoiro denominado A tea de araña que todo o apaña, para nenos e nenas a partires de 3 anos. Será en dúas quendas, de 11 a 12:30 horas e de 12:30 a 14 horas. Pola tarde de 17 a 19 horas haberá unha xincana educativa na rúa para rapaces e rapazas a partires de 8 anos e esa xornada pola mañá e pola tarde terá lugar un obradoiro de cociña creativa para maiores de 12 anos.
O 3 de abril ás 12 horas na Casa das Algas dará comezo a actividade Explorando Ribadeo para nenos e nenas a partires de 5 anos, que percorrerán o roteiro das Aceas, xantarán e pasarán unha tarde de lecer na Casa das Algas. Ese mesmo día de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas celebraráse un obradoiro de fotografía para rapaces e rapaces maiores de 12 anos.
E xa o 4 de abril haberá en dúas quendas de 11 a 12:30 horas e de 12:30 a 14 horas un obradoiro da risa para nenos e nenas a partires de 5 anos. O obradoiro da risa seguirá pola tarde de 17 a 19 horas destinado a rapazas e rapaces de máis de 12 anos. E ás 17 horas haberá na biblioteca El Viejo Panchio o contacontos Os contos de Pablísimo.
Desde a Concellaría de Mocidade subliñan que “existe unha cota de inscrición única para toda a infancia e mocidade de 6 euros por persoa, indistintamente do número de actividades nas que se participe”. As actividades de semana santa foron organizadas polas Concellarías de Mocidade, Cultura e Deportes.
Actividades de Semana Santa 2012. Concello de Ribadeo.
2,3 e 4 de abril
PISTA 3X3 de FÚTBOL
PISTA 3X3 de BALONCESTO
De 11 a 14h.
Nenas e nenos de 8 a 15 anos.
Praza do Cantón.
2 de abril
OBRADOIRO “A tea de araña que todo o apaña”
1ª quenda de 11 a 12’30h./2ª quenda de 12’30 a 14h.
Nenas e nenos a partir de 3 anos [trae os teus lápis de cores].
Casa da Xuventude. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMITADAS
XINCANA EDUCATIVA NA RÚA “Li-Xo-Go”
De 17 a 19 h.
Nenas e nenos a partir de 8 anos.
Casa da Xuventude. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMIITADAS
OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA
De 11 a 14h. e de 17 a 20h.
Rapazas e rapaces a partir de 12 anos.
Casa do Mar. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMITADAS
3 de abril
EXPLORANDO RIBADEO
OLIMPIADA POPULAR
Ás 12h. na Casa da Algas.
Xornada lúdico-educativa con paseo polo Roteiro das Aceas, xantar e tarde de lecer na Casa das Algas,
ata as 18h. aproximadamente. Para o xantar, cada neno/nena debe traer bocata+bebida.
Nenas e nenos a partir de 5 anos. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMITADAS
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA
De 11 a 14h. e de 17 a 20h.
Rapazas e rapaces a partir de 12 anos.
Casa da Xuventude. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMITADAS
4 de abril
OBRADOIRO DA RISA
1ª quenda de 11 a 12’30h./2ª quenda de 12’30 a 14h.
Nenas e nenos a partir de 5 anos [trae unha esterilla ou toalla].
Casa da Xuventude. Inscricións na OMIX Ribadeo – 981129889. PRAZAS LIMITADAS
CONTACONTOS “OS CONTOS DE PABLÍSIMO”
Ás 17’30h na Biblioteca El Viejo Pancho.
Nenas e nenos a partir de 3 anos.
OBRADOIRO DA RISA
De 17 a 19h.
Rapazas e rapaces a partir de 12 anos [trae un esterilla ou toalla].
Casa da Xuventude. Inscricións na OMIX Ribadeo – 982129889. PRAZAS LIMITADAS
Existe unha cota de inscrición única para toda a infancia e mocidade de 6€ por persoa,
indistintamente do número de actividades nas que se participe.
A OMIX Ribadeo pasa a situarse na Casa da Xuventude, Antonio Otero nº15. Ribadeo. Teléfono:
98129889. Correo electrónico: omix@ribadeo.org























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



