Este pasado domingo celebrouse o terceiro descenso en kajak do río Ouro, organizado por Xuvenalfoz. Houbo unha chea de participantes e o descenso desenrolouse sen complicacións, agás algunha que outra molladura. O ambiente foi tremendamente animado en todo o percorrido, que estivo salpicado dunha chea de espectadores, especialmente nas pontes, como a ponte de Santa Mariña ou a ponte de Vilaúde. Tamén se concentrou moita xente a ver o espectáculo no parque do Trece, en Carballido. O percorrido do río comezou na parroquia de Lagoa, no lugar de Centoi, rematando na depuradora de augas de Carballido.
