MAIO FLORIDO
![]()
O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de “Maia”, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o “mes das flores”. En maio remátase de sementa-lo millo, e cando se facía na última finca dunha casa poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era “poñer o ramo ó maio”. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoan que as trae mellores”. A maio refírense unha chea de refráns e algúns ditos, como aquel que se aplica á muller que vai para o traballo e entretense falando con outra persoa: “non fagas como a da grade”, que procede dunha rapaza que, pola mañanciña, cando se dirixía a gradar unha finca atopouse co mozo e pasou o día falando con él. Ó anoitecer, ó volver para a casa, exclamaba: “días de maio, días de amargura, inda ben non amañece xa é noite escura”. Acontece a apoteose florida da vida, a celebrar entre a paisaxe e a paisanaxe: escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do “tempo claro”, bó agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bó tempo. Comezan así as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. “Os maios” son unha das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza apreciase a creatividade das xentes nas composicións florais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico. Os maios poden ser “humanos “ ou “figurados”. Nos primeiros un cativo é o “maio”. Aquí o neno ou mozo cúbrese con flores, fionllo, herbas e espadanas, imitando as vestimentas dos peregrinos; os “figurados” fórmaos unha figura cónica, piramidal, de cruceiro, de barco ou monumento, transportados sobre plataformas, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.
“Aí ven o maio/ florido e galán, / tódalas rapazas /amores lle dan” (A. Cunqueiro)
Suso Fernández




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



