GONZÁLEZ BARCIA VEN DE SOLICITARLLE POR SEGUNDA VEZ NESTE MES AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O ARRANXO DA ESTRADA PROVINCIAL SAN CIBRAO-BURELA Á ALTURA DA PRAIA DE A MAROSA. ESE TREITO ESTÁ CHEO DE BACHES QUE REPRESENTAN UN PERIGO PARA OS VEHÍCULOS QUE TRANSITAN A DIARIO POR ESE VIAL.
Burela, 25 de abril de 2012. O alcalde, José María González Barcia, ven de solicitarlle ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o arranxo inmediato da estrada provincial San Cibrao-Burela, á altura da praia de A Marosa porque está chea de baches que representan un perigo para a circulación de vehículos pola zona. Ésta é a segunda vez neste mes de abril que o rexedor se dirixe á institución titular do vial en demanda de solucións.
González Barcia explicou que “hoxe desde o Concello de Burela enviámoslle un escrito ao presidente da Deputación de Lugo solicitándolle que de forma inmediata dea as instruccións oportunas para que se arranxen os baches, que están causando gravísimos problemas para a circulación de vehículos na estrada de titularidade provincial que vai de Burela a San Cibrao, á altura do campo de fútbol de A Marosa”. O rexedor lembrou que “desde hai unha temporada se están creando baches, que agora mesmo cruzan prácticamente toda a estrada, e esto está a xenerar moitos problemas nas rodas e na amortiguación dos coches, algo que está ocasionar que cheguen ao Concello numerosas queixas dos usuarios deste vial”.
O alcalde de Burela xa enviou hai uns quince días, o pasado 11 de abril, outro escrito á Deputación Provincial de Lugo acompañado dunha ampla reportaxe fotográfica feita en marzo “para que o presidente coñecese de primeira man cal é situación que presenta a estrada Burela-San Cibrao. Non houbo ningún tipo de resposta e entendo que a misión do Concello de Burela é defender os intereses do conxunto dos cidadáns, que son usuarios dun vial que ten un alto volumen de tráfico por cuestións obvias. A xente que vai a San Cibrao e a Alcoa emprega esta vía e non a carretera nacional”. O rexedor agarda e confía que “o presidente da Deputación de Lugo faga caso ao escrito que hoxe lle enviamos e que adopte as medidas oportunas para que estes baches se eliminen canto antes”.
José María González Barcia indica que “aínda que os baches están sinalizados atópanse nunha zona curva, algo que aumenta a perigosidade que xa de por sí teñen. Non creo que sexa tan difícil solucionar este problema porque a Deputación ten en vigor un contrato de mantemento e conservación da rede viaria provincial e polo tanto está dentro das súas obrigas manter en condicións de uso correctas as estradas provinciais, e unha das que máis tráfico soporta é a que vai de Burela a San Cibrao. Reitero esa confianza no presidente da Deputación de Lugo e espero e confío en que solucione esto canto antes e que os problemas que se están a causar aos usuarios desaparezan”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



