Preto de 600 persoas participarán no XXIX Día do Xubilado que se celebra o 1 de maio
-Haberá misa ás 11:00 horas e a partir das 14:00 horas desenvolverase o xantar-baile
-O programa complementario inclúe dúas saídas, unha en maio á Cidade da Cultura e outra en xuño, á Semana Verde de Silleda
Cervo, 25 de abril de 2012-O Concello de Cervo vén de pechar o prazo de inscrición para participar na edición número 29 do Día do Xubilado, programado para o 1 de maio. Unha xornada de convivencia na que se xuntarán preto de 600 cervenses que compartirán un día de entretemento. Para os desprazamentos xa están dispostos 9 autobuses que trasladarán aos xubilados ata os distintos puntos nos que se desenvolverán as actividades. A hora de partida está prevista para as 10:30 horas, cando os vehículos comezarán a percorrer as parroquias para recoller ás persoas participantes. As actividades comezarán ás 11:00 horas coa misa no pavillón da Veiga.
Rematada a misa, os autobuses partirán cara Viveiro, onde os xubilados e maiores disporán dunhas horas libres para pasear pola vila. A saída cara o restaurante Val do Naseiro, onde terá lugar o xantar-baile, está prevista para as 14:00 horas, de novo nos autobuses. Unha xornada na que tamén se fará entrega dos premios do Campionato de Tute e Parchís e na que haberá sorpresas que se irán coñecendo ao longo do día.
O Concello cervense decidiu manter a celebración do Día do Xubilado xa que para o goberno local se trata “dun encontro oportuno e idóneo para que os pensionistas cervenses se reúnan e compartan unhas horas de diversión nun encontro co que se pretende fomentar a convivencia entre persoas de distintas xeracións” explica a edil de Servizos Sociais, Tania González, “persoas que en moitos casos non se ven en todo o ano e só se reúnen o Día do Xubilado, polo que este evento se converte nunha cita moi especial para eles”. Aínda así, o executivo cervense reduciu o importe do gasto destinado a esta xornada “sen que repercuta no desenvolvemento do Día do Xubilado” explica González. Unha rebaixa que se conseguiu especialmente a través do cambio de escenario, pasando de celebrarse nunha carpa, con maior custo, a facerse nun restaurante con capacidade para centos de persoas.
Programa complementario
O Día do Xubilado inclúe un programa complementario de actividades, consistente en saídas dun día de duración a distintos puntos de Galicia. Nesta ocasión son dúas as excursións programadas. A primeira será o 12 de maio á Cidade da Cultura de Santiago. As persoas interesadas en participar terán que anotarse entre o 2 e o 7 de maio na Casa da Cultura de San Ciprián.
A segunda saída terá lugar o 16 de xuño e o destino será visitar as actividades programadas na Semana Verde de Silleda. Nese caso o prazo de inscrición está aberto do 28 de maio ao 8 de xuño tamén na Casa da Cultura. “Con estas saídas mantemos o obxectivo de fomentar a convivencia e as relacións entre os xubilados e contribuír a que o pasen ben na compaña doutras persoas” remata a edil de Servizos Sociais.
Remitido

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



