A MENSAXE DA CAMELIA
Suso Fernández
Hoxe en día, comezar coa tertulia de amigos a xornada, fai que èsta se encete baixo unha nebulosa pesimista . Nalgunha medida do desacougo culpamos ós nosos colegas: xentes activas e dinámicas que, cando un se achega ó grupo, xa eles miraron o televexo, escoitaron a radio e leron os xornáis; ou sexa, xa están cabreados, envorcando toda a xenreira en quen, aínda lagañento, xa o fan víctima das novas que, cada día, tran os medios, portadores de mensaxes da inxustiza e do abuso dos poderes (político, económico, social…), poñendo en solfa os versos daquel tan coñecido poema de Curros Enriquez, no que Deus, dí: “se éste é o mundo que eu fixen, que o demo me leve”.
Daí a sorpresa cando hai algúns días na tertulia reinaba a ledicia e mesmo a euforia. Decir, para entendelo, que os nosos amigos son xentes de idearios ecoloxistas, amantes das plantas e dos animais en xeral, e dos cáns en particular; é decir, da flora e da fauna; pacifistas, e polo tanto, inimigos de toda violencia material ou inmaterial, proceda de quen e de onde proceda; moi doídos coa situación que vivimos, sobre maneira as capas mais humildes, das que son ferventes defensores, e afastados de toda ambición. Altruistas e atentos observadores de gobernos e gobernantes, dos políticos locais valoran o uso que fan dos medios que, coas súas declaracións, exemplo de sensatez, cortesía e bó facer, sirvenlles de plataforma para espallar a imaxe que queren transmitir do pobo que representan: por tal empeño desde hai anos somos noticia de portada. Os xornalistas atopan aquí un maná pois a destreza no troque de chaqueta, a axilidade mental para, da noite á mañá, varíar de xeito radical os plantexamentos (poden, por exemplo, deitarse pola noite progresistas e erguerse conservadores ou nacionalistas, que todo se andivo xa); sen rubor, piden ós contrarios, que tamén o fan, que non mintan…e senon póñenos a caldo, pois están – os outros…– enganando ós cidadáns, etc. Son matices nada vulgares que alimentan o morbo e, os periódicos, os beneficiados.Todos contentos. É certo que noutros lugares danse cousas semellantes; pero en Foz somos o máximo:¡nalgo íamos a ser líderes!. En escenario tal, os contertulios, con grande algarabía, albiscaron a posible sinal da desexada rexeneración; trátase dun brote, ilusionante e significativo: por terras de San Martiño agromou a que poidera ser a primeira do ano na Mariña: unha camelia de cor amarelo que, intérpretes da simboloxía floral, din que pode ser premonitoria de tempos mais xustos, mais humanos e de maior fartura para todos... Este era, e non outro, o motivo da alegría que os colmaba..Ese día proclamamos para nós a grandeza dos compañeiros de tertulia.. ¡Albricias!; ¡en Foz naceo unha camelia amarela: a vida segue!.¡ Sursum corda!.
Suso Fernández


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



