É o venres 25 de maio, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A orde do día será a seguinte: 1º Lectura e aprobación da acta da sesión anterior. 2º Actuacións levadas a cabo durante 2011. 3º Estado de contas. 4º Presentación de candidaturas. 5º Elección da nova xunta directiva. 6º Rogos e preguntas. As candidaturas poderán ser presentadas ata o mesmo día da asemblea mediante escrito dirixido a xunta directiva, onde conste a relación dos socios con indicación dos postos a ocupar (presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, vicesecretario/a, tesoureiro/a e un mínimo de seis vogais).
Asemblea xeral ordinaria da asociación de veciños “O Castro” de Foz
Asemblea xeral ordinaria da asociación de veciños “O Castro” de Foz
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia