O BNG informa sobre a suba dos medicamentos e o novo IRPF
Basanta considera un insulto que o que se recorta en educación sexa o que se lle regala a Bankia.
O BNG explica mañá en Foz os recortes sociais.
O Bloque Nacionalista Galego organiza mañá mércores ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un acto informativo sobre os recortes sociais nos que participarán Xoán Carlos Basanta, Balbino Fernández e Iago Vilamil. No acto que se celebrará mañá os ponentes disecionaran as políticas que o Goberno do Estado e da Xunta están a levar adiante en materia sanitaria, educativa, fiscal e laboral na perspectiva de informar do impacto que estas decisións están a ter na sociedade en xeral e nas maiorías sociais en particular.
Segundo indicou Xoán Carlos Basanta “ o medicamentazo que ven de aprobar o PP significa no plano práctico a eliminación da universalidade do sistema sanitario que consagraba a Constitución é vai significar que centos de conveciños nosos se vexan privados de servizos médicos básicos. Neste sentido queremos aclararlle a todos os veciños de Foz como vai repercutir na xente o pago dos medicamentos, algo que afecta de xeito moi particular a pensionistas e menores de 27 anos, pero que tamén chega a poboación activa, non sendo casual que a suba máis importante se fixe no tramo de 18.000 Euros aos 100.000 Euros. Outro caso moi preocupante é o que se lle plantexa aos doentes con pataloxías que precisan de tratamentos que non se prestan na Mariña, posto que o desprazamento medico para cuestións tan sensíbeis como radioterapia, quimioterapia ou dialise vai deixar de ser subvencionado tendo que pasar a ser financiado polo usuario”.
O Portavoz do BNG en Foz que aproveitou a ocasión para expresar o apoio dos nacionalistas a concentración que se celebra hoxe en Foz en defensa do ensino público lembrou que “ as políticas de recortes en materia educativa, van na dirección de agrandar as desigualdades entre os territorios e clases até o punto de que os recortes nos servizos educativos van ser maiores nas vilas como Foz que nas cidades. So hai que mirar como foron reducindose especialidades educativas en Foz ou como un rapaz de Foz vai ter máis complicado estudar coa suba das matrículas universitarias que nalgún caso vai significar preto do 100% e a redución da contía das bolsas e os novos criterios que se fixan na mesma que se van converter nunha maquina de expulsar xente do sistema educativo. Ë unha auténtica vergoña que recorten 10.000 millóns de euros en educación coa escusa de que non hai diñeiro e que ese diñeiro llo vai regalar o Goberno a Bankia”.
Xa por último Basanta referiuse “ as políticas fiscais e a reforma laboral, posto que se a reforma laboral demostrouse como unha autentica maquina de crear parados e de rebaixar o salario de centos de conveciños nosos a política fiscal convertese nun factor de desigualdade. Queremos que os veciños de Foz saiban que quen menos pagan son os que máis teñen, que quen xeneran o fraude fiscal son os grandes fortunas, que a fiscalidade indirecta, fundamentalmente a través do IVE é a vía de financiación fundamental do Estado e da Xunta, en definitiva que aquí só pagan os de abaixo. Outro tanto acontece coa fiscalidade que se fixa para as empresas, non sendo de recibo que o IRPF, para un autonomo ou unha PEME que factura 200.000 Euros sexa maior que para o Banco de Santander”.