A insustentabilidade da acuicultura industrial: criando leóns alimentados con lobos e metais pesados
26 de maio de 2012. O mito da acuicultura industrial como alternativa á sobreexplotación das pesquerías, fai augas (e nunca millor dito). Aos impactos das macropiscifatorías terrestres e mariñas sobre o ambiente (desfeitas paisaxísticas, verteduras, uso masivo de antibióticos e químicos…), hai que engadir a ineficiencia enerxética e ecolóxica de cultivar peixes carnívoros como salmóns e rodaballos. É como ter granxas para criar leóns, que precisan proteína animal, en lugar de granxas de herbívoros. Agora un recente estudo aponta que os pensos que consumen os peixes de granxa conteñen proteínas doutros peixes situados en níveis altos da cadea trófica (tamén depredadores) algúns provintes da pesca extractiva: é como criar leóns dándolles de comer lobos! A maiores, os pensos e aditivos (antibióticos, pinturas “antifouling”, etc.) da acuicultura conteñen metais pesados… Vaites coa panacea para alimentar á humanidade!
A respeito da orixe das proteínas animais que conteñen os pensos dos peixes cultivados en instalacións acuícolas, un recente estudo de investigadores/as do Departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Oviedo revela a pegada xenética de 6 especies de peixes situadas en níveis altos da cadea trófica oceánica: a anchoveta peruana (Engraulis ringens), o espadín (Sprattus sprattus), o bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus), o merlán (Merlangius merlangus), o xurelo (Trachurus symmetricus) e a xarda austral (Scomber australasicus). Ademáis destes peixes, que poden proceder de descartes e subprodutos e refugallos da industria pesqueira, atopáronse outras dúas especies, o arenque común (Clupea harengus) e o lanzón do Pacífico (Ammodytes personatus) que mesmo se comercializan en fresco para consumo humano e cuxa orixe é case con seguridade a pesca extractiva.
Alén da ineficiencia enerxética que supón criar peixes carnívoros con outros peixes carnívoros en lugar de proteína vexetal, o feito de que algunhas especies usadas nos pensos proveñan de pesquerías extractivas fai que a acuicultura industrial deixe de ser unha solución á sobrepesca e ao esgotamento dos caladoiros e pase a agravar o proceso, converténdose nun risco para o ecosistema mariño.
E a respeito da presenza dunha ampla gama de metais pesados tanto nos pensos (Zn, Cu, Cd, Fe, Mn, Co, Ni, Pb, Mg, Se e Hg) como nos aditivos (produtos terapéuticos, antifúnxicos, plaguicidas, produtos antifouling, que achegan Zn, Pb, Cd e Cu) profusamente usados nas granxas acuícolas, numerosos estudos apontan ao proceso industrial de “fabricación” dos peixes como orixe destes contaminantes:
Metais pesados e pensos para peixes
Orixe do cobre e o cinc en refugallos das granxas acuícolas
O chumbo como contaminante alimentar
Metais pesados e arsénico na dieta
Estas publicacións científicas e informes veñen de ser achegados como proba no proceso xudicial aberto contra Stolt Sea Farm por contaminación con metais pesados das terras da Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas (Carnota). Estes estudos demostran que tanto nos pensos como noutros elementos e aditivos usados no proceso industrial de cría e engorde están presentes fontes de metais pesados que poden ser a orixe dos atopados nas terras da cooperativa veciñas á piscifatoría de Stolt Sea Farm. Contrariamente ao que sostén a empresa, que a contaminación é allea ás súas instalacións e procede dos adubos químicos das terras (en agricultura ecolóxica prohíbese o uso destas substancias!!) fica demostrado que a fonte de contaminación procede con toda probabilidade da piscifatoría.
Podemos concluir pois que a acuicultura industrial ademais de causar enormes impactos paisaxísticos, contaminar o mar e a terra, contribúe tamén de xeito substancial á sobreexplotación dos caladoiros e á degradación dos ecosistemas mariños.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



