Está claro que cando se dín as verdades, doen. E se non hai razóns para xustificalas , se utiliza a mentira e a descalificación persoal para desmentilas, nun penoso intento de desvirtuamento da realidade. Dende o grupo municipal do PSdeG PSOE de Burela aclararemos as declaracións do alcalde de Burela e o faremos con educación e sen insultar a ninguén.
Empezamos polas dedicacións exclusivas do Concello, nas que o señor Alcalde só dí media verdade, que conleva a ocultación da outra media. Falaremos de importe bruto porque así foi como o aprobaron no pleno organizativo designado a tal efecto. Pasamos de dúas dedicacións exclusivas e unha parcial (no mandato PSOE-BNG), a tres exclusivas actuais(mandato do PP): González Barcia, 47.000€. Fernández Valle, 21.000€. E Diana Durán, 18.200€. A estas asignacións, lle hai que añadir as cotas sociais correspondentes que suman un importe de 14.359€. A suma destas cantidades nos leva a un importe total de 100.559€, que traducido á antiga moneda, como lle gusta decir ao alcalde, son 16.731.609 pesetas.
Logo, aparte está o que se liquida en dietas e manutención, que tan viaxeiro como nos está saíndo, o montante anual, que se pedirá no seu momento o seu importe por parte deste grupo político, lle axudará a ter un bó ingreso extra. Recordemos a viaxe de tres días a Fitur, en pleno recrudecemento da crise económica, ou unha viaxe de tantas a Compostela para reunirse con non sabemos quen, para anunciar que non se vai facer o acceso ao porto. Todo iso conleva o cobro das axudas de custo aprobadas en pleno pola maioría absoluta do PP ( 34 € media manutención, 68 € manutención, 0,19 €/km para coche propio, e aloxamento).
En canto as horas de traballo de cada concelleiro, recurre ao recurso fácil de dividir coste da dedicación entre horas establecidas para esa dedicación, obviando deliberadamente que a persoa que desempeñaba na anterior lexislatura a dedicación parcial, aínda que cobraba por tres horas diarias, lle adicaba cinco. E sabe perfectamente que as dúas exclusivas, non consistían só en cumprir o establecido no acordo plenario en canto ao horario, xa que invertiron as vintecatro horas do día e de catro anos en atender veciños, solucionar problemas, procurar inversións, que foron moitas e case todas sen coste para o Concello, e encauzar iniciativas e peticións nas distintas Administracións para o noso desenvolvemento. E sen rodeos e demagoxias, todo está perfectamente regulado e comprobable, e como exemplo, as vacacións do anterior alcalde non fan un mes completo en catro anos que desempeñou ese cargo.
Referente ás mocións que tanto presumen de presentar na anterior lexislatura, decir que eran unha especie de déjà vu, xa que cada certo tempo se repetían os textos e as propostas de acordo que presentaban, por certo, todas elas mocións tipo que presentaban nos Concellos por orde do seu partido, ademáis de dar lugar a un espectáculo para vanagloria dun só protagonista que se alonxaba completamente da función do que é un órgano colexiado como é unha sesión plenaria. E a política seria non consiste nun espectáculo, senón en ter criterio razoable para defender a idea na que se cree, e para defender a confianza que depositan os electores.
Así actúa e actuará este grupo político socialista, con rigor e seriedade, facendo oposición responsable, sen recurrir ao insulto, sen descalificación persoal, sen mentir, sen palabrerías vacías de contido ao que nos tiña acostumados o señor Barcia no seu sermón diario cando desempeñabamos responsabilidades de goberno, sen buscar guerra (a decir verdade, non entendemos esta infame expresión), sen mirar atrás, porque quere decir que non hai nada que ofrecer adiante, e sobre todo, só con argumentos coherentes, razoables e políticos, que é o que demanda a cidadanía.
Alfredo Llano García, Pascual Doménech Gruñeiro, Lucía Bouza Orosa, Remedios López Villar e Angela García Salgado.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



