Entrevista con Víctor Manuel Pérez Quintana, “Caridad”
“O obxectivo é pasar unha agradábel fin de semana na nosa vila, coñecer a zona e os distintos equipos de veteranos”
Ribadeo (Fabián Pérez) .- Víctor Manuel Pérez Quintana, explica que o Torneo Internacional “Vila de Ribadeo” de fútbol veterano, que organiza a asociación deportiva Veteranos do Ribadeo FC, conta con 36 equipos de veteranos inscritos e valora a cita como unha forma de pasar pasar unha fin se semana agradábel, coñecer Ribadeo e aos conxuntos participantes.
¿Que é o VII Torneo Internacional “Vila de Ribadeo”?
É un torneo de fútbol para veteranos, de carácter internacional onde, ademais do deportivo, o que máis prima é o poder gozar dunha fin de semana en compañía dos amigos.
¿Cando xorde a idea de crear un torneo de fútbol de veteranos?
Foi no ano 2005 cando, debido á cantidade de equipos de veteranos que disputaban partidos amigábeis, xurdiu a idea de organizar un torneo na nosa vila. Hai que recordar que non hai ningún torneo en España destas características. Sempre contamos co inestimable apoio de Vicente Castro, concelleiro de Deportes de Ribadeo, disposto a axudarnos no que se puidese. Por iso, démo-lo paso para organizar, en 2006, a primeira edición, que contou con doce equipos de Galicia e Asturias. A partires de aí, a nosa idea foi a de ir medrando pouco a pouco ata alcanzar os trinta e seis este ano.
¿Quen o organiza?
Organízao, dende os seus comezos, a Asociación Deportiva Veteranos do Ribadeo FC, formada por un grupo de amigos amantes do balompé.
¿En qué data se disputa?
Historicamente, dende o ano 2006, vense celebrando no mes de maio, salvo nunca ocasión que, por motivos de dispoñibilidade dos campos, celebrouse en xuño. Dende hai tres anos, o torneo asentouse na última fin de semana do mes de maio.
¿Onde se celebra?
Normalmente celébrase en Ribadeo, nos campos de herba natural que posúe o concello (Estadio Municipal “Pepe Barrera” e Campo do Outeiro). Sen embargo, este ano e debido á proliferación de equipos interesados en participar, engadíronse os campos, tamén de céspede artificial, de As Valgas e Cascabeiro, no veciño concello de Barreiros.
¿Cantos equipos se inscribiron?
Nesta ocasión contamos coa presenza de trinta e sei conxuntos.
¿Cal é a procedencia destes clubes?
Como é lóxico, a maioría procede de España, concretamente de sete autonomías (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Castela e León, Madrid e, por vez primeira, Canarias), máis dous conxuntos portugueses e un representante de Inglaterra.
¿Algún conxunto parte coma favorito?
Normalmente non nos gusta destacar a ningún pois, para nós, tódolos equipos son iguais e, polo tanto, todos son favoritos. Porén, hai que salientar que acudirán diversos xogadores que militaron, no pasado, en categoría nacional. Aínda que, coma todos sabemos, o fútbol depende de se a boliña quere entrar ou non.
¿Cal é o premio?
Neste torneo, ademais dos trofeos que entregamos aos catro primeiros clasificados, tamén obsequiamos a cada equipo cun trofeo-detalle. Aínda que o maior trofeo que se dá é o pasar unha agradábel fin de semana na nosa vila, coñecer a zona e os distintos equipos de veteranos.
Desde aquí queremos agradecer a tódolos organismos que nos axudan a levar a cabo este torneo, que non son outros que o Excmo. Concello de Ribadeo a Delegación de Deportes da Deputación de Lugo, ACISA RIBADEO, o Ribadeo FC, o Iberia CF e o Celta Barreiros.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
