O BNG de Alfoz-O Valadouro
GRAVE DETERIORACIÓN DO RÍO OURO EN BACOI (ALFOZ)
O luns 28 de maio foi rexistrada no Concello de Alfoz a proposta adxunta, co
obxectivo último da limpeza, rexenaración e coidado periódico do Río Ouro no lugar
chamado AS LEAS, na parroquia de Bacoi (Alfoz) xa raiando coa parroquia de Santo
Acisco.
O abandono e deterioración do tramo das Leas está a crear unha auténtica zona
pantanosa, totalmente artificial, xa que até hai tres anos (cando se descoidou totalmente)
era un tramo de corrente normal.
A situación na que se atopa o devandito tramo favorece o estancamento das
augas, inzadas de lixo, tanto de refugallos vexetais (troncos, ramallada…) como de
refugallos domésticos (envases, plásticos…) coa conseguinte putrefacción e prexuízo prá
fauna fluvial e ribeirá ou para as actividades deportivas, pesca fundamentalmente.
Ao mesmo tempo de favorecer o estancamento das augas nas épocas secas, os
diques e illas formados polos refugallos (hai troncos de piñeiros de 30 metros de longo no
cauce) favorecen as cheas nas épocas chuviosas, xa que ao chocar a corrente coas
barreiras de lixo, o río reborda e asolaga os arredores.
Se o Concello de Alfoz e a Consellaría de Medio Ambiente non se poñen
urxentemente a arranxar a zona, a situación irá in crescendo até que o Río Ouro nas Leas
se convirta nunha especie de selva pantanosa.
————-
PROPOSTA
AASEMBLEA LOCAL DO BNG DE ALFOZ-VALADOURO expón:
O tramo do Río Ouro ao seu paso polo lugar chamado AS LEAS, na parroquia de Bacoi, xa raiando
coa parroquia de Santo Acisco atópase ateigado de troncos de árbores, lixo de toda caste (botellas,
plásticos…) e illas formadas polo propio entullo acumulado ou por desprendementos de terra da
propia ribeira do río.
No leito do río poden verse piñeiros duns 30 metros de longo totalmente mergullados, outras
árbores atópanse semiafundidas formando diques que acabaron por facer deste tramo unha especie
de encoro onde a auga esta retida.
Segundo información proporcionada por bos coñecedores do río, este tramo do Ouro (As Leas)
aliméntase das augas do Rego de Budián, e chega á denominada Presa de Santo Acisco, ao longo
destes máis de tres quilómetros o estado do cauce fluvial está totalmente abandonado dende hai uns
tres anos, mesmo se pode observar un panel metálico de información institucional tirado no fondo
do río.
Esta situación favorece as grandes riadas, xa que as correntes fluviais do inverno ao non poder
seguir polo cauce asolagan o resto do terreo, noutras ocasións a auga fai moita forza nas barreiras
formadas polos refugallos e provoca a destrución das marxes do cauce, desfacéndoo e creando
novas illas de lixo e refugallos.
POLO ANTERIORMENTE EXPOSTO
DEMANDA:
-Que o Concello de Alfoz se implique nisto coa máxima urxencia e transmita a devandita situación
á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
-Que o Concello de Alfoz na medida das súas posibilidades, recursos e medios remedie ou colabore
para solucionar o estado do Río Ouro no lugar das Leas (Bacoi).
-Que o curso do río Ouro ao seu paso polo lugar das Leas (Bacoi) sexa limpado e rexenerado.
-Que o Concello de Alfoz se preocupe polo estado do Río Ouro nese e noutros lugares susceptíbeis
de actuacións para que no futuro ningún tramo chege a este grao de deterioración.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



