A CIG-Ensino da Mariña rexeita a liquidación do Programa Preescolar na Casa
![]()
Máis de 200 familias e 300 nenos e nenas se beneficiaban deste programa na Mariña
A CIG continuará coa loita polo mantemento do servizo e dos postos de traballo
Ante a situación xurdida polo anuncio do Administrador Concursal da Fundación Preescolar na Casa de liquidar este programa o próximo mes de xullo, a CIG-Ensino e os delegados e delegadas de persoal desa fundación teñen manifestan o seguinte:
1. Os culpábeis da situación son a Consellería de Traballo e Benestar, concretamente a súa Conselleira, e o Partido Popular que tomaron a decisión política de liquidar Preescolar na Casa e destinar os cartos que esta fundación percibía dende fai moitos anos a outras organizacións afíns ao PP, tales como a “Fundación Camilo José Cela”, as “Escravas de Cristo” ou “Rebaño de María”, entre outras.
2. Parécenos que foi unha temeridade por parte do Padroado de Preescolar na Casa, e unha neglixencia imperdoábel dos seus asesores, solicitar Concurso de Acredores sen ter previamente estudado as consecuencias que isto ía ter cara a solicitude de futuras subvencións para o curso 2012-2013, concretamente as dependentes do IRPF de Madrid. Hai que lembrar que a Fundación non ten neste momento ningunha débeda contraída que non poida pagar e existían outras fórmulas para conseguir evitar os riscos patrimoniais dos membros do Padroado, tales como por exemplo solicitar un “pre-concurso”. Tamén temos que manifestar que á representación das traballadoras e traballadores tan só se nos comunicou a intención de presentar este concurso de acredores, sen entrar en ningún momento a negociar ás súas condicións.
3. Temos que lamentar así mesmo a actitude do Administrador Concursal nomeado polo xulgado, o cal viña coa clara intención de liquidar o programa Preescolar na Casa no menor tempo posíbel e en ningún momento estivo receptivo ás propostas que dende as traballadoras e traballadores se lle facían, senón todo o contrario, pois non quixo entrar en algún tipo de negociacións reais.
Propostas da CIG-Ensino e das traballadoras e traballadores
O conxunto do persoal da Fundación así como a CIG-Ensino seguiremos a insistir na nosas propostas para saír desta situación e que basicamente son a solicitude dun ERE que lle dea continuidade ao programa ata polo menos o 31 de decembro deste ano. Esta proposta estaría xustificada nas seguintes cuestións:
a) Existen fondos dabondo para facer fronte aos custes desta suspensión, tanto polos propios recursos que a Fundación ten neste momento como polas subvención que xa ten concedidas doutros organismos como a Deputación de Lugo, o propio Concello de Lugo, Normalización Lingüística, etc.. Estes fondos permitirían chegar a final de ano sen que a Fundación tivera adquirida ningún tipo de débeda nese momento.
b) Este tempo permitiría esperar a resolución das subvencións que para o programa veñen de Madrid e que se coñecerán o próximo mes de novembro. Neste punto hai que lembrar que este ano estívose traballando exclusivamente con este financiamento que ascendeu a 550.000 €.
c) Tamén neses meses debateríase a ILP que está xa en trámite no Parlamento de Galicia e que, de aprobarse, permitiría que este programa seguise a funcionar. O BNG e PSOE manifestaron xa o seu apoio.
d) Tamén consideramos que se o programa segue “vivo” durante ese tempo, poderíamos seguir a traballar para conseguir a asignación económica necesaria por parte da Xunta de Galicia, se hai cambio de goberno, ven pola vía dos orzamentos para o 2013 ou mesmamente por un cambio político nese organismo. Hai que ter en conta o compromiso que teñen adquirido tanto o grupo de BNG como do PSOE para retomar o programa cando sexa posíbel.
e) En todo caso, a morte de preescolar neste momento representa unha medida radical que corta todas as posibilidades, non deixando marxe a seguir loitando pola continuidade do programa e polo mantemento dos postos de traballo.
En todo caso, tanto a CIG-Ensino como o persoal da Fundación seguiremos a loitar polo mantemento do servizo que viña prestando dende fai 35 anos Preescolar na Casa así como polo mantemento dos postos de traballo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



