A Deputación apoia ós traballadores de Preescolar concentrados ante a Xunta para demandar a continuidade do programa educativo
– O Deputado de Cooperación participou no acto reivindicativo, destacando o papel fundamental deste modelo sociopedagóxico para “garantir a igualdade de oportunidades entre as zonas rurais e urbanas, e combater o grave despoboamento que sofre a provincia”
– O organismo lugués achegou 65.000 euros para o funcionamento de Preescolar na Casa na provincia, “pero tristemente a desaparición da axuda da Xunta deixa a 3.000 familias galegas sen un servizo único que ninguén vai cubrir e a 32 persoas máis nas listas do paro”
A Deputación de Lugo apoiou ós traballadores Preescolar na Casa que se concentraron este venres diante da sede da Xunta na capital lucense para demandar a continuidade do programa educativo, obrigado ó peche pola supresión das axudas do Goberno galego. O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, participou no acto reivindicativo, mostrando o firme respaldo da institución luguesa a “todo un modelo sociopedagóxico que se ten convertido nun referente a nivel estatal, e incluso internacional, e que a propia Xunta presentou como programa clave fronte ó despoboamento demográfico”.
Valiño engadiu que, ademais de ser unha fonte de creación de emprego, o labor de Preescolar na Casa é fundamental “para garantir a igualdade de oportunidades educativas, acabando coas diferenzas entre zonas rurais e urbanas; e combater a grave caída demográfica que sofre a provincia, ó facilitar servizos e prestacións para manter a calidade de vida das súas xentes, pois, se tan importante é levar ó rural a telefonía ou internet, máis o é a educación”.
O Deputado de Cooperación destacou que o programa conta cun extraordinario recoñecemento social, como demostra o feito de que a Fundación Preescolar na Casa leve entregadas unhas 40.000 firmas de apoio no Rexistro Xeral da Xunta, chegadas non só de Galicia, senón de países como Bélxica, Colombia, Arxentina ou México.
Mostra do respaldo “firme e inquebrantable” da Deputación a Preescolar foi a achega de 65.000 euros que lle entregou á fundación para as actividades desenvolvidas en Lugo. “Tristemente, a desaparición das axudas da Xunta deixa á Fundación nunha situación financeira crítica, que deixa a Galicia sen un proxecto clave para garantir a igualdade de oportunidades educativas, a 3.000 familias sen un servizo único que ninguén vai cubrir e a 32 persoas máis nas listas do paro”, afirmou Díaz Valiño.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



