PORTA NORTE E IMDECUM ESTREAN O CAMPUS DE XIMNASIA RÍTMICA CUNHA TRINTENA DE PARTICIPANTES
Luns 16 de xullo. A escola de ximnasia rítmica Porta Norte estreou hoxe en Burela o seu primeiro campus estival cunha trintena de participantes entre prebenxamín e cadete. A iniciativa conta coa colaboración da Fundación Imdecum.
Ao longo da semana e ata o sábado, as pequenas, procedentes de Viveiro, Foz, Ribadeo, Xove e da propia vila burelá, divertiranse e aprenderán no pavillón Monte Castelo non só ximnasia rítmica senón tamén ballet, baile moderno, expresión corporal, maquillaxe, elaboración de vestimenta para bailes, técnica corporal e de aparellos… Pero tamén terán tempo para manualidades, excursións ou o amigo invisible. Xunto ás adestradoras de Porta Norte, Nelly Bouso e Cristina Iglesias, formará parte do profesorado Estefanía Pérez, ensinante de danza española da academia asturiana de Navia Las Zapatillas Rojas.
O campus desenvolverase en horario matutino, entre ás 10.00-14.00 horas, excepto o martes e o xoves, que se prolongará ata as 19.30 horas. O pavillón Vista Alegre acollerá o festival de clausura o sábado, ás 12.30 horas.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
