Estúa lamenta que o Sr. Balseiro prefira enlamar a vida política a apoiar iniciativas que demandan futuro para a comarca mariñá.
O nacionalista mostrouse sorprendido de que o goberno municipal non apoiara no pleno de onte unha iniciativa encamiñada a impulsar o tecido económico e industrial da comarca así como a esixencia de compromisos claros en política social, sanitaria e educativa.
Cervo, 27 de xullo de 2012. O BNG criticou a actitude do portavoz do Grupo Municipal do PP no concello de Cervo que rescata a difamación e as campañas enlamadas deste partido cada vez que se acercan uns comicios electorais. O Sr. Balseiro pásase de freada cada vez que abre a boca e non asume a responsabilidade do seu partido no incremento do 52% do desemprego na comarca ou na emigración de mais de 2.000 mozos e mozas da Mariña dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta. Estúa acusou ao PP de mentir e difamar por sistema ao tentar atribuír o pago dunha campaña do BNG na que se denuncia o roubo ao pobo para salvar a banca con fondos públicos, cando as probas demostran que foi o BNG quen pagou esta campaña nos medios de comunicación, moito mais cando que fai estas acusación ten por norma e costume usar as arcas públicas de Cervo ao servizo do propio Balseiro e o PP de Cervo.
O PP de Cervo non asume a súa responsabilidade no desmantelamento social e económico da comarca e négase a apoiar iniciativas que impulsen o futuro da Mariña
O PP de Cervo co seu portavoz municipal á fronte, négase a recoñecer a responsabilidade do PP no desmantelamento dos servizos públicos sanitarios, sociais ou educativos e no tecido económico da comarca a pesar da evidencia de que dende a chegada do PP á Xunta no 2009, o incremento do desemprego na Mariña supera o 52% e mais d 2.000 mozos e mozas da nosa comarca tiveron que emigrar na busca dun emprego no mesmo período. O Sr. Balseiro e o seu grupo tampouco quixeron apoiar a iniciativa do BNG na que se demanda futuro para a comarca mediante a petición ás administracións central e galega de garantías para o mantemento dos postos de traballo en Alcoa e auxiliares, un Plano Estratéxico para o Hospital da Costa e a súa ampliación, un plano de reindustrialización para a comarca e apoio a iniciativas dos emprendedores que reverta a escalada do paro, e un compromiso claro da Xunta de Galiza cos servizos públicos en materia de ensino e servizos sociais que se prestan na Mariña que evite o recorte no número de prazas nos centros de ensino, de maiores e escolas infantís. Ao contrario do que xa sucedeu noutros plenos da comarca onde o PP apoiou esta iniciativa, en Cervo o PP non comparte a demanda de futuro para a comarca e prefiren dedicarse a enlamar o terreo político con falsas acusacións lanzadas precisamente de quen debería calar mais que naide.
Co PP de Cervo sobran exemplos do uso das arcas públicas municipais ao servizo do partido e os seus dirixentes.
Os nacionalistas pedíronlle ao Sr. Balseiro a retirada da moción onde baixo falsas acusacións e mentiras téntase responsabilizar ao goberno da Deputación do pago de facturas que documentalmente está probado que pagou o BNG, segundo afirmou o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, “si ao PP lle molesta que o BNG diga a verdade dos rescates á banca a conta do pobo que o diga con claridade pero que non trate de enlamar a vida política con falsas acusacións que non se sosteñen”, segundo Estúa en Cervo “estamos fartos de ver como o Sr. Balseiro e o PP fan uso das arcas e medios municipais ao servizo do partido, sobran os exemplos, e si o PP quere entrar nesa dinámica podemos empezar a dalos”




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



