San Ciprián acolle o sábado 11 de agosto esta cita festiva declarada de interese turístico galego
AS ORQUESTAS GRAN PARADA E TROLE AMENIZARÁN A EDICIÓN 2012 DA FESTA DA MARUXAINA
A Comisión Organizadora das festas do Carme e Maruxaina traballa na confección dun amplo programa de actividades co gallo da lenda popular sobre a serena que habita nos Farrallóns.
13 de xullo de 2012.- O sábado 11 de agosto a localidade de San Ciprián acolle unha das súas citas festivas máis multitudinarias: a festa da Maruxaina. Nesta ocasión as orquestras GRAN PARADA e TROLE serán as encargadas de amenizar a verbena da noite na que tamén se fai o reparto da tradicional Queimada. No día grande tamén participarán os Kilombeiros e outras charangas.
A Comisión Organizadora das festas do Carme e Maruxaina xa traballa na elaboración dun amplo programa de actividades co gallo do día dedica á lenda popular sobre a serea que habita nos illotes dos Farallóns. Como en todas as edicións anteriores, a Maruxaina incluirá actividades que darán comezo xa o venres día 10 (pre-maruxaina) e o sábado día 11 (día grande) no que terá lugar o tradicional espectáculo de fogos artificiais, desembarco, xuízo, xogos maruxainos e demáis actividades.