COMEZA A CONTA ATRÁS PARA A APERTURA DO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA FUNDACIÓN EU SON EN BURELA. A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS SUBLIÑA QUE EN SETEMBRO HABERÁ UN PERÍODO DE ADAPTACIÓN E EN OUTUBRO DARÁ COMEZO A SÚA ANDAINA.
Burela, 18 de agosto de 2012. Diana Durán, concelleira popular burelense que dirixe Servizos Sociais, amósase moi satisfeita da próxima apertura do Centro de Día para persoas con discapacidade intelectual, pertencente á Fundación Eu Son, da que é vocal do Padroado xunto ao Alcalde de Burela, José Mª González Barcia, presidente do mesmo.
Días atrás, Durán rendeu conta sobre as xestións que afectan ao centro de día diante do Padroado da Fundación, contando coa aprobación unánime por parte de todos os membros integrantes sobre as características do seu funcionamento (horario, programas, atencións básicas, servizos complementarios, perfís profesionais, etc) e onde se fixo fincapé no copagamento que deberán aportar as persoas usuarias, resaltando que “se pode acceder ao centro de día a través de praza subvencionada mediante o sistema de dependencia, caso no que o copago será o mínimo. Logramos igualar a mesma cantidade que aportan as persoas que xa están sendo beneficiarias do centro ocupacional co que conta a Fundación Eu Son, co fin de que non se produzan desigualdades entre ningún dos centros”. Tamén se contempla o acceso de forma privada.
Estas informacións tamén foron trasladadas aos familiares das que serán as primeiras persoas usuarias do citado equipamento, coa finalidade de ultimar e consensuar as datas da posta en funcionamento do centro. A concelleira de Servizos Sociais anunciou que “en setembro será o período de adaptación entre familias, persoas usuarias e profesionais, para que en outubro sexa efectiva a apertura do centro de día para persoas con discapacidade intelectual”.
Diana Durán subraiou “que esta reunión foi en conxunto cos familiares, xa que durante os meses anteriores as entrevistas coas familias foron de forma individual, convocadas no propio centro de día para que coñeceran de primeira man as instalacións e esclarecer cantas dúbidas mostraron, xa que realmente son eles os que teñen que dispoñer de toda a información”.
A delegada burelesa de Servizos Sociais lembrou que “o alcalde José Mª González Barcia e máis eu mesma tratamos este tema, de absoluta prioridade para o noso equipo de goberno, coa secretaria autonómica de Política Social, Coro Piñeiro, e coa conselleira de Benestar, Beatriz Mato. E xunto á dirección do centro tamén se mantiveron varias reunións coa Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en materia de dependencia”.
A edil popular indicou que “non foi unha labor fácil, mais ben todo o contrario, pero non por iso se deixou de traballar: Fácil é abrir centros con cartos contantes e sonantes e que che poñan o cheque enriba da mesa; o difícil é facer enxeñería social e para eso estamos nós, o Partido Popular, que con actuacións coma esta seguimos demostrando que os servizos sociais son totalmente prioritarios para o actual equipo de goberno”.





















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



