A Deputación atrae a un cento de persoas a Viveiro co programa de ocio medioambiental Lugoteando
– Os participantes gozaron no contorno do Club Náutico vivariense de paseos en bolas e bananas acuáticas, paddle surf, scooters acuáticos, segway e skates eléctricos
– As actividades coas que o organismo provincial potencia o ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia continúan mañá na Mariña, cunha xornada na praia focense da Rapadoira, na que están inscritas outras cen persoas de tódalas idades
A Deputación de Lugo atraeu este sábado a Viveiro a un centenar de persoas de tódalas idades con Lugoteando, o programa co que o organismo lugués potencia o ocio medioambiental como alternativa económica da provincia. As boas condicións meteorolóxicas animaron unha xornada na que os participantes nesta iniciativa de lecer ecolóxico puideron gozar no contorno do Club Náutico vivariense de divertidos paseos en bolas e bananas acuáticas, paddle surf, scooters acuáticos, segway e skates eléctricos.
As actividades continuarán mañá domingo na comarca mariñana cunha xornada na praia da Rapadoira, en Foz, na que están inscritas outras cen persoas de entre 7 e 60 anos. Neste caso, terán a oportunidade de practicar surf, kite surf e paddle surf, así como dar paseos en bolas e bananas acuáticas, scooters acuáticos, skates eléctricos e long board. Como no caso de Viveiro, o horario será de 15:00 a 20:00 horas.
A Deputación decidiu ampliar este ano, na súa terceira edición, o programa Lugoteando, tanto en número de concellos, como na duración, para que máis familias e xente nova poidan gozar das súas propostas e seguir potenciando o turismo, un sector que representa o 30% do PIB lucense. Deste xeito, a iniciativa inclúe esta vez actividades en seis localidades da provincia –Monforte, Vilalba (onde xa se celebraron), Viveiro, Foz, A Fonsagrada e Lugo- e prolónganse durante tres meses, de xullo a setembro, fronte os dous das últimas edicións.
Como inscribirse
A inscrición pode facerse chamando ós números de teléfono 982-12-00-64 ou 609-90-32-11; a través da web da Deputación www.deputacionlugo.org na que o usuario pode descargar un formulario que debe enviar cuberto á dirección lugoteando@deputacionlugo.org ou ben in situ, antes de que comece cada actividade. Esta última opción non garante que haxa prazas libres. No caso dos menores de idade, terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que poden descargar na web e enviar por correo a lugoteando@deputacionlugo.org ou ben presentar antes do inicio das actividades nas que desexen participar.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



