ÁLVARO DOURAL FIXO UN BALANCE MOI POSITIVO DA CELEBRACIÓN EN RIBADEO DO I
FÓRUM DE INNOVACIÓN E FORMACIÓN DE VEHÍCULOS. REMATARON AS PONENCIAS E OS
OBRADOIROS, PERO SEGUE ABERTA ATA O DOMINGO A EXPOSICIÓN DE COCHES NOS
XARDÍNS DO HOTEL O CABAZO.
Ribadeo, 31 de agosto de 2012. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción
de Galicia, Álvaro Doural, fixo un balance moi positivo da celebración en Ribadeo do I Fórum
de Innovación e Formación de Vehículos. Onte mesmo A.P.A.G.A tivo neste marco a súa
asamblea xeral.
Doural explicou que “se tratou un informe da xunta directiva sobre a situación da
asociación, en canto ao número de socios e de cómo discurriu este foro. Plantexáronse unha
serie de iniciativas vía on line para os socios co fin de comenzar a poñer en marcha os novos
proxectos. Creo que se abre un novo campo de acción no que a xente está moi interesada
en traballar. Empeza un camiño moi interesante para todo profesorado e a xente que
pertence a esta asociación”.
O presidente de A.P.A.G.A cre que “foi un acerto importante organizar este fórum, nos
permite darnos conta de que somos capaces de realizar todo tipo de eventos relacionados
coa formación. Esto é un punto de partida, en eso todo o mundo estaba dacordo, que é o
camiño a seguir, especialmente neste momento no que por razóns económicas os
organismos que estaban dando formación non poden facer unha cobertura como a que hai
que facer. Entón imos establecer vínculos de colaboración con outras entidades e outras
empresas e creo que se abre un ano de traballo bastante intenso”.
Álvaro Doural asegura que a exposición de vehículos de toda a gama Peugeot que se pode
ver nos xardíns e aparcamentos do hotel O Cabazo está a recibir moitas visitas, “aquí
estarán ata o domingo para que a xente de Ribadeo e dos arredores poida vir probar estes
coches. Onte houbo bastantes persoas que viñeron probar o vehículo eléctrico puro que se
pode ver aquí e así coñecer estas novas tecnoloxías”. Doural convida á xente a achegarse á
exposición que permañecerá aberta ata o domingo en horario de 10 a 14 horas polas mañás
de de 16 a 19 horas polas tardes.
As ponencias e os obradoiros remataron este mediodía. Ao acto de clausura asistiron
Vicente Castro en representación da Área de Cultura e Deporte da Deputación Provincial de
Lugo e a concelleira ribadense Teresa González Piñeiroa.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



