Sargadelos inaugura o Taller Internacional de Cerámica no que 30 creadores participan en experiencias con arxila galega
-A factoría tamén traballa nun proxecto sobre Cerámica e Gastronomía no que colabora o Concello de Cervo
Cervo, 2 de agosto de 2012-A planta de Sargadelos en Cervo convértese neste mes de agosto no punto de encontro de 30 creadores procedentes de catro países e de cinco comunidades autónomas españolas no Taller Internacional de Cerámica, que se reúnen na fábrica para intercambiar experiencias coa arxila galega. Este mediodía tivo lugar a inauguración oficial desta iniciativa na planta circular da factoría, un evento que contou coa presenza do director do grupo Sargadelos, José Luis Vázquez e o alcalde de Cervo Alfonso Villares, así como o profesor do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia, Tomas Valente, coordinador dun proxecto cuxos resultados se poden ver nunha exposición que tamén foi inaugurada hoxe.
Entre os eventos da inauguración do Taller Internacional de Cerámica tamén se atopaba a celebración dunha Mesa Redonda. O tema a debater era “Deseño e Gastronomía, novos usos, novos soportes” e para abordalo acudiron profesionais de diferentes disciplinas, como deseñadores, arquitectos e gastrónomos, dous deles procedentes da Oficina do Historiador da Habana, coa que Sargadelos traballa nun proxecto sobre cerámica e gastronomía co que tamén colabora o Concello de Cervo. Esta iniciativa consiste na análise da influencia mutua que existe entre o deseño e a gastronomía.
Durante a inauguración, o alcalde de Cervo recoñeceu “a importante labor de formación, innovación e renovación constante que guía todas as actuacións que desenvolve Sargadelos”. O Taller Internacional de Cerámica ou o proxecto Cerámica e Gastronomía son exemplos “desta aposta da factoría por seguir avanzando pero, sobre todo, por incluír a cerámica dentro do contexto actual e por mesturalo con outras disciplinas que están directamente ligadas a ela, como a gastronomía, o deseño, a arquitectura e outras vertentes da arte para non perder a perspectiva e evitar que a cerámica quede illada” engade Villares.
Taller Internacional de Cerámica
O Taller Internacional de Cerámica, que comezou onte e rematará o 22 de agosto, reúne a deseñadores, ceramistas, arquitectos, publicistas, deseñadores gráficos e alumnos de Belas Artes. Todos eles participarán na elaboración de pezas de cerámica combinando as técnicas tradicionais coas máis recentes, que inclúen as últimas tecnoloxías de aplicación cerámica.
No acto de apertura do taller tamén tivo lugar a inauguración dunha nova exposición titulada “From form”. Esta mostra é o resultado dun taller realizado polo alumnado de segundo curso da Escola de Arquitectura do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) xunto con Sargadelos. Nel, os estudantes realizaron unha intervención sobre unha peza de cerámica de Sargadelos, en concreto dunha cafeteira, que foi dividida en 15 fragmentos diferentes. Cada alumno se ocupou dun deses anacos e a partir del tivo que deseñar pezas do mobiliario urbano como bancos, luminarias, muros ou pérgolas. O taller rematou coa creación de 15 pratos nos que aparecen os deseños dos alumnos e que forman parte da exposición.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



