Un programa pola Terra: Propostas ecoloxistas para as eleicións do 21-O
12 de setembro de 2012. As organizacións ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN vimos de apresentar hoxe en Ourense pdfUn Programa pola Terra. Este documento recolle as propostas do ecoloxismo galego para que os diferentes partidos e coalicións políticas que concorren á vindeira convocatoria eleitoral, as integren na súa acción de goberno ou de oposición durante a vindeira lexislatura. A amplitude da crise ambiental global, encabezada polo incuestionábel cambio climático, o esgotamento dos recursos naturais e o incremento das desigualdades sociais, é de tal magnitude que precisa dun cambio radical nas políticas desenvolvidas polas administracións.
ProgramaPT2012PRINCIPIOS BÁSICOS:
a) O actual modelo económico e social é inxusto e insustentábel
Calquera proxecto político responsábel debe supeditar o desenvolvemento económico á capacidade dos ecosistemas para anovar os seus recursos naturais e asimilar os impactos ambientais, amais de acadar a xustiza social. A actual crise económico-financeira precisa dunha resposta ecolóxica e solidaria que inicie a transición cara a un novo modelo que non faga depender o benestar social do consumo desbocado de recursos naturais propios e alleos. Unha resposta produtivista agravará a crise ambiental e non mellorará de forma durábel as condicións de vida da cidadanía. A procura da sustentabilidade a escala galega e global debe estar no centro de toda a acción do Goberno galego, o que nunca ten acontecido até hoxe.
Faise necesaria a implantación de políticas ambientais transversais, para integrar a preocupación polo medio ambiente nas políticas das diferentes consellarías, alén do que é competencia directa da Consellaría de Medio Ambiente.
b) É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas
A problemática ambiental é sistémica, polo que para a resolver de forma satisfactoria no seu conxunto é necesario ir alén da aplicación de simples medidas correctoras e encetar unha profunda mudanza do modelo de produción e consumo. Promover a sustentabilidade ecolóxica é moito máis que crear parques naturais, construír depuradoras ou tratar o lixo. Sen unha firme vontade política de reformular o modelo socioeconómico, calquera política ambiental quedará baleira de contido, sexa cal for o programa que a vertebre.
As políticas da Xunta de Galicia deben ter como obxectivo fundamental, mellorar a vida e o benestar das galegas e os galegos cun menor consumo de enerxía e de materiais, apostando polo decrecemento sustentábel baseado na ecoeficiencia, o aforro e a contención.Consideramos de vital importancia non só o compromiso con estes obxectivos e creación de planos e instrumentos, senón tamén o seu seguimento e control, establecendo indicadores e outros medios de supervisión así como a aplicación de procedementos sancionadores exemplares. A Xunta de Galicia ten unha enorme responsabilidade na crecente deterioración do noso territorio e na elevada pegada ecolóxica do noso país, polo que é urxente que asuma un compromiso consistente coa sustentabilidade, como garantía de futuro e dunha vida mellor para o pobo galego e para o resto dos pobos do mundo, así como para o resto dos seres vivos que comparten connosco o planeta.
c) Participación e transparencia non poden quedar só en verbas
A construción dunha democracia participativa (que non limite a participación nos asuntos públicos ás convocatorias electorais) é un requisito necesario para avanzarmos cara á sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. A participación é un dereito da cidadanía recoñecido na propia Constitución, mais cuxo exercicio vese moi limitado polos poderes públicos, entre eles a Xunta de Galicia. Persisten ademais vicios que degradan gravemente a calidade de vida democrática, como o clientelismo no uso dos fondos públicos, a subordinación a intereses empresariais contrarios ao interese colectivo, a manipulación dos medios de información públicos, a ocultación de información, o baleirado de contido dos limitados mecanismos de participación pública existentes, o abuso da propaganda institucional ou a confusión entre o institucional e o partidario.
En particular, é fundamental mellorar a comunicación e o diálogo entre asociacións e colectivos coa Administración. A transparencia é un deber e como tal, é esixíbel en todos os ámbitos da Administración Pública. Para garantir e facilitar o acceso da sociedade e das ONG á información xerada pola Administración Pública e os procedementos administrativos relacionados con calquera ámbito das actuacións con incidencia medioambiental, débese levar á práctica real a aplicación da transposición do Convenio de Aarhus, particularmente a Lei 27/2006 de acceso á información ambiental.
Por último, diversos documentos relativos ás estratexias de conservación, contemplan o desafío que supón modificar as prácticas sociais para acadar a sustentabilidade e a preservación da biodiversidade. A participación pública da sociedade nos labores de sensibilización social, así como na aplicación das políticas ambientais do Goberno galego, é fundamental para que a sociedade sinta o medio ambiente como algo de seu e non como algo alleo, illado ou diferente de si mesmo. Os colectivos ambientais, como movemento social, somos quen de participar nos diferentes labores de conservación do medio ambiente, através de accións, actuacións de educación ambiental, orientación, voluntariado…, como xeito de canalización da iniciativa cidadá na implicación ambiental.
d) Cumprimento da lexislación ambiental
As administración públicas en xeral e a Xunta de Galicia en particular, deberán ser as primeiras en dar exemplo cumprindo estritamente o espiritu e a letra de toda a lexislación ambiental e garantindo que empresas e cidadáns tamén a cumpran.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



