14 de setembro de 2012. Que a incineradora do sur, a obra estrela do plano de residuos do PP, “pinta moi mal” segundo conselleiro Hernández, era algo que os ecoloxistas e as plataformas contra a incineración sabiamos dende hai meses. Ao forte rexeitamento social que suscitaron os delirios incineratorios de Feijóo, mesmo no seu propio partido, engadiuse o demoledor efecto da supresión das primas ás renovábeis que aprobou Rajoy. A nova incineradora, fiada toda á iniciativa privada, xa nen sequera chegou a nacer. As contas non lle saíron a Estela Eólica: adiantar 230 milóns de € para ter a incineradora lista en 2014, e poñer outros 186 millóns (1 millón por MW) para construir os parques eólicos adxudicados polo PP perdendo até o 80% da súa rendibilidade pola supresión das primas, foi demasiado. Agora segundo a Xunta, a incineradora do sur acabará onde todo o lixo galego… no macrovertedoiro de SOGAMA en Cerceda, hipertrofiado continuamente por Feijóo durante toda a lexislatura (este ano xa gastou máis de 42 millóns de € en amplialo) para servir como “plan B”.
Os ecoloxistas xa advertiamos da “virtualidade” do plano de residuos, que alén de insustentábel ambientalmente e contrario á lexislación, era imposíbel de cumprir no actual panorama económico. E a xogada de trocar megawatios por lixo saiulle mal a Feijóo, que tampouco agardaba a forte contestación que suscitou a súa infraestrutura estrela: A incineradora do sur, paseada como un espantallo por varias comarcas para rematar de volta a Cerceda. Foi precisamente a contundente resposta cidadá, o que nas actuais circunstancias (malestar social pola crise e os recurtes, periodo eleitoral) fan desaconsellábel para o PP manter a incineración e a súa desastrosa xestión dos residuos no centro do debate político.
Mais dende ADEGA insistimos na necesidade de poñer as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos, porque entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa. Para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e española. Un modelo contra o que a cidadanía xa se rebelou ao promover unha Iniciativa Lexislativa Popular que pretende levar ao Parlamento nada menos que o cumprimento estrito da lexislación de residuos, sistemáticamente violada pola Xunta, e o abandono definitivo da incineración.
ADEGA quere transmitir unha mensaxe moi clara á cidadanía e ás plataformas que loitaron contra a incineradora do sur: A experiencia aconséllanos non facer caso dos cantos de serea de quenes onte daban a incineradora por feita e hoxe renegan dela. Mentres a incineración siga sendo a aposta do PP para o tratamento dos residuos, ningunha comarca galega estará libre dos seus fumes tóxicos.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



