ACTIVIDADES DE LECER EDUCATIVO PARA NENAS E NENOS
xogos, aventuras, descubertas, natureza, convivencia en grupo e acampamentos
Chao de Castro-Altair anuncia o comezo dun novo ano de actividades de lecer. Neste ano 2012/2013 as actividades terán lugar todos os sábados en Burela, entre as 16 e as 19 horas no local do grupo. O vindeiro sábado 29 de setembro às 16 horas dá comezo o primeiro trimestre deste novo ano de actividades que culminará cun acampamento no mes de decembro.
Alén disto a Equipa Educativa convida a todas as persoas interesadas a unha reunión informativa o próximo domingo día 30 de Setembro às 12:00 horas no local de Ledicia, Rúa do Ril nº 4, (cerca dos institutos). Todas as persoas interesadas poden receber mais información no número 626739849.
Acampamento de inicio de curso: 21, 22 e 23 de Setembro de 2012
PROXECTO EDUCATIVO:
Chao de Castro-Altair é un grupo educativo dirixido por unha equipa de educadoras/es voluntarias/os que pertence à Asociación Altair, movemento independente de educación nos tempos libres, para rapaces e raparigas de entre 8 e 18 anos. Finánciase con subsidios de institucións públicas e a cuota mensal de cada familia. Os seus obxectivos son os de formar persoas socialmente comprometidas, críticas e responsábeis, a través do xogo, os proxectos, traballos pola comunidade, o contacto coa natureza, o desenvolvimento de hábitos saudábeis e cooperativos, etc. Desenvolve a súa acción de maneira continuada con actividades semanais (os sábados) e con campamentos ao longo do ano. Chao de Castro-Altair traballa con nenas/os de 8 a 18 anos divididos por grupos de idade:
Pícaras/os: de 8 a 9 anos. O xogo marcará toda a actividade. Irán aprendendo destrezas, competencias, adquirindo coñecementos, hábitos, desenvolvendo valores, etc.
Insurras: de 10 a 11 anos. Idade en que o descubrir e saber cousas é fundamental. Descobre o mundo que o rodea, cos seus problemas, bens e oportunidades.
Aventureiras/os: de 12 a 13 anos. Sitúanse uns obxectivos e repártense responsabilidades cun carácter lúdico e cunha finalidade de aventura.
Pioneiras/os: de 14 a 15 anos. Aprendizaxe lúdico de coñecementos culturais, sociais, políticos, económicos, etc.
Argonautas: de16 a 17 anos. Nesta etapa deséñanse proxectos con carácter de servizo á sociedade.
MÁIS INFORMACIÓN:
chaodecastro.altair.burela@gmail.com
https://chaodecastro.wordpress.com/
http://www.altairweb.org/





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



