O próximo sábado dará comezo a programación teatral de outono organizada polo Colectivo Cultural Buril, que arrinca coa obra de teatro infantil e familiar Kasi Circo, da compañía Teatro Monart. A cita será ás 18:00 horas na Praza da Mariña de Burela (no Auditorio Municipal se o tempo non acompaña). Música, clown, teatro e títeres son os ingredientes do espectáculo Kasi Circo que está a poñer en escea Teatro Monart en diversos concellos da provincia de Lugo. Este espectáculo forma parte do programa Buxiganga, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, que busca promover o teatro a nivel municipal, e dar pulo aos pequenos grupos teatrais.
Os días 4, 5 e 6 de outubro terán lugar as XIII Xornadas de Teatro de Burela, nas que contaremos con recoñecidas compañías teatrais galegas. As I Xornadas de Teatro organizadas polo Buril tiñan lugar alá polo ano 1987, celebrándose ininterrompidamente durante doce edicións ate 1998. Desde o C.C. Buril quixemos recuperar aquelas míticas xornadas de teatro que chegaron a ser un referente no panorama teatral galego, dando así continuidade a unha proposta cultural, que 14 anos despois aínda segue a ecoar na cabeza de moitas burelás e burelaos.
A programación teatral de outono do Buril remata o día 27 de outubro, coa representación da obra Radio Universo da compañía Nostrum Cai, tamén dentro dos Circuítos Buxiganga.
Kasi Circo. Sinopse
“A obra Kasi Circo trata a história de dúas personaxes aparentemente correntes, Silvio e Monik, dous limpadores dun circo de fama internacional. Unha mañá calquera, dispostos a emprender de novo os seus rutinários traballos, acontece algo que cambia o rumbo das súas vidas. O león do circo escapou da gaiola e comeu os artistas; ante tal desenlace, os limpadores deciden que o espectáculo debe continuar e co beneplácito do público presente propóñense representar os artistas que tantas veces viron. Aínda que a intención é o que conta, resultan ser bastantes desastrosos nas súas representacións debido á súa evidente falta de formación. Aínda así seguen adiante até o final, final que non deixa indiferente, posto que en realidade todo foi un soño.
A obra, ademais de entreter e rescatar sorrisos entre o público, pretende mandar unha humilde mensaxe cara á posibilidade de facer realidade os soños. Como nos pasou a nós mesmos, primeiro soñamos facer realidade un grupo teatral e finalmente o soño cumpriuse.”




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



