O concello de Mondoñedo celebra hoxe o seu pleno municipal
O PP pediralle en pleno ao rexedor mindoniense que clarifique a contabilidade local e que traballe para solventar o problema do tráfico na localidade
O PP votará en contra dunha contabilidade que o propio rexedor local cualifica de irreal e pediralle ao equipo de goberno que confirme se existe un remanente de tesourería superior ao 1.900.000 euros e de non ser así esixiralle que depure os saldos e presente unha contabilidade que reflexe unha imaxe fiel da situación económica do concello
Os populares solicitaranlle ao goberno local que ofreza alternativas ao problema do tráfico en Mondoñedo escoitando as demandas dos veciños e que inicie os contactos oportunos e as xestións necesarias que permitan minimizar esta problemática
Mondoñedo, 27 de setembro de 2012- A orde do día do pleno do Concello de Mondoñedo recolle a aprobación das contas do 2011, ás que o Grupo do Partido Popular de Mondoñedo votará en contra. Tal e como afirma a portavoz local, Elena Candia, o partido que representada “non votará a favor dunha contabilidade que o propio rexedor local di que son ficticias, irreais e alonxadas das posibilidades económicas do concello
A portavoz local explica que de xeito continuado nos últimos anos o equipo de goberno de Mondoñedo pode estar aprobando unha contabilidade irreal e segundo Candia, esta actitude debe ter responsabilidades. Dada esta situación, o Partido Popular levará hoxe a pleno unha moción na que lle pide ao rexedor local que clarifique a contabilidade do Concello. En concreto, o PP instará ao goberno municipal a que de ser fiel a contabilidade exposta publicamente que presenta un remanente de tesourería que supera o 1.900.000 euros, pague inmediatamente as débedas pendentes, e que incluso cancele o préstamo contratado para pago a provedores.
Pola contra, se como afirma publicamente o goberno local, a contabilidade feita pública é irreal, e por conseguinte non reflexa a imaxe fiel da situación do concello; o Grupo Municipal do Partido Popular instará ao equipo de goberno a que de xeito inmediato se proceda a obrigada corrección da contabilidade, ben sexa depurando saldos ou calquera outra medida, que indiquen os servizos xurídicos do concello. Se a contabilidade presentada non reflexa a imaxe fiel da situación do Concello, Candia preguntaralle ao rexedor local porque tras gastar máis de 40.000 euros na contratación dunha empresa contable externa e incluso firmar un convenio coa Deputación, non centra este diñeiro en depurar saldos (no caso de que haxa que facelos) e aprobar unha contabilidade real.
O PP non será responsable dunha aprobación de contas que o mesmo rexedor local di que son ficticias, irreais e falsas.
.Inoperancia en materia de tráfico
Durante a sesión plenaria que se celebrará hoxe, o Partido Popular esixiralle de novo ao equipo de goberno que centre o seu traballo e esforzo en solucionar o tema de trafico. Segundo explica Candia, as alegacións presentadas polos veciños así como a recollida de sinaturas, confirman o que o PP está a denunciar dende fai tempo: o descontento xeneralizado coa política de trafico do bipartito.
Por elo, O PP solicita de xeito urxente que o equipo de goberno inicie contactos coa familia propietaria duns terreos en venta, no entorno da Igrexa de Santiago para ofrecer novas alternativas de estacionamento. Segundo a popular, esta é unha gran reivindicación dos mindonienses e neste momento ten posibilidade de sacala adiante.
O Partido Popular de Mondoñedo propúxolle ao equipo de goberno alternativas que permitirían aliviar os problemas de estacionamento, incluso no entorno do centro de saúde do municipio. Os populares esperan que o sectarismo político do rexedor local non prive unha vez máis aos veciños do estudo de propostas que buscan solventar os problemas dos mindonienses.
O Partido Popular manifestou en todo momento e reiterou a necesidade de acordos consensuados e pactar unha reordenación de tráfico na cidade, facilitando e sensibilizando a poboación dun uso razoable e respectuoso dos espazos que fomente a convivencia de peóns e vehículos, conlevando un aspecto dinamizador da riqueza para o comercio e a hostalería mindoniense.
Por último, os populares preocupados polo rural mindoniense seguiranlle a dar traslado ao equipo de goberno das reinvindicacións dos veciños. Neste pleno, manifestará a súa protesta polo mal estado do desbroce da vía de Maariz e Sasdónigas. Os populares denuncian a inseguridade que conleva esta situación, xa que pola zona pasa o Camiño de Santiago.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



