O CRIME DA GRANDA
10 de agosto de 1950. San Lourenzo en Foz e feira na Espiñeira. Á volta désta o veciño de Marzán Hipólito Marful Moreda, “o Chorlo”, decátase de que uns burros pacen libremente en terreo da súa propiedade no monte de A Granda, na Corredoira- Foz.
Nas proximidades acampan unhas familias xitanas e a severa reprimenda do dono do terreo sobre os animais que, inmesericorde, malla neles sen contemplacións, da orixe á vinganza cun brutal enfrentamento entre as persoas, con resultado de morte para O Chorlo. Os presuntos homicidas fuxen e son perseguidos por varios números da Garda Civil, ao mando do sarxento Irimia, monterrosino destinado no cuartel de Foz, procedendo á detención dos fuxitivos en San Tirso de Abres.
De resultas das dilixencias instruídas, quedan baixo a custodia do concello dous burros pertencentes ós encausados, que deben custodiar e alimentar os munícipes, en tanto o señor xuiz non dicte a resolución correspondente, dispoñendo do destino dos asnos. Feito que se produce o 13 de setembro de dito ano, poñendo a disposición do concello os dous burros para o destino que éste considere mais oportuno, e que en pleno celebrado pola Corporación o 25 do mesmo mes, por unanimidade acordan proceder á súa venta, en pública subasta, a realizar no Consistorio, o 2 de outubro do devandito ano. A subasta sería polo sistema de “puja a la llana”, e o tipo base como valor de cada animal o de 100 pesetas.
O recaudado destinaríase a sufragar os gastos orixinados pola alimentación dos animais e o superavit, de habelo, quedaría depositado na Caixa Municipal, a resultas de calquera continxencia.
Fíxose a subasta o día sinalado e os asnos foron adxudicados a Xosé Ramón Val Pérez, en 105 pesetas e a Francisco Mariña Pérez en 110, respectivamente. Coa anécdota da subasta dos burros municipais, rematou o lamentable episodio que se iniciara coa morte tráxica de “O Chorlo”: as coplas do crime vendéronse nos mercados e “O cego de Viloalle”, co seu violín, cantounas por feiras e romarías…
Suso Fernández




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



