O SAN CAMPIO
Romaxe de fonda tradición é a que o domingo, 16 de setembro, vai celebrarse na focega parroquia de Fazouro, emplazada a ermida en bucólica paraxe á beira do río Ouro, cruzado dalí ata a desembocadura por tres pontes que confiren ao panorama unha singularidade que fan del un dos mais fermosos paisaxes que poden ollarse ao longo do noso litoral, tan pródigo en belezas semellantes. Aquí verque as augas no mar o río ao que, no século XVII o xeógrafo portugués Pedro Teixeira, autor da famosa “Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos”, chamou Fozdouro.
“As romarías, como as festas e os mercados- escribe Taboada Chivite, na súa Etnografía Galega,- son, amais de testemuño de piedade e degoro religioso, lugares de reunión e convivencia social”. Tres elementos básicos, pois, conviven no mundo da romaría: un sustrato relixioso que empuxa aos crentes a ir en peregrinación, mais ou menos devota á ermida ou santuario onde se celebra a festa; un impulso dionisiaco que leva a crentes e non crentes ao campo da festa popular para dar boa conta dos manxares levados ou que alí no campo poden mercarse, e un pretexto para reunirse en comunidade unhas horas alegres, sen outras complicacións, O San Campio de Fazouro responde a esta tipoloxía.
Dende tempos inmemoriais o lugar servíu de reclamo para as xentes dunha ampla comarca, e aínda hai quen lembra as peregrinacións chegadas desde Estaca de Bares ata Asturias en varias xornadas, feito que alá por 1926 fíxolle decir a Lence Santar, cronista oficial de Mondoñedo: “E vendo polo setembro / ir de troula á romaría / do San Campio de Fazouro / a toda a novez da Mariña”.
Os galegos sempre consideramos ao corpo e ás cousas deste mundo como algo gozoso, sensual, lúdico, quizais en perfecta consonancia co propio entorno natural, cuxa exhuberancia paisaxística é tan evidente neste curruncho á beira do río Ouro: “entre os carballos xa vexo / o niño dos meus amores: / veigas, flores…/ E o río con voltas mil / a campá con son doente /oio, e o barullo da xente / e a gaitiña e o tamboril”.
Suso Fernández





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



