A presentación terá lugar na Casa da Cultura da Pontenova ás 19h do 14 de Outubro.
O documental foi rodado nunha vintena de localizacións de Galicia e Europa, durante máis de dous anos.
O documental Morreu o demo, acabouse a peseta, que explora as raíces europeas do títere de luva que percorreu Galiza entre 1910 e 1960, será presentado o vindeiro domingo 14 na Casa da Cultura da Pontenova. Precisamente, as festas desta vila foron cita obrigada durante moitos anos a barraca da familia Silvent, creadora de Barriga Verde, que acodía ás Feiras de Outubro tras o seu paso polo San Froilán.
A longametraxe documental, dirixida por Pedro Solla, autor tamén do guión xunto con Marcelo Martínez, está producida por Tintimán Audiovisual e conta co apoio da AGADIC e da TVG. A Deputación de Lugo, que organiza esta proxección, colaborou tamén co filme facilitando que a nova barraca de Barriga Verde, reconstruída pola compañía de títeres Viravolta, actuase nas festas das San Lucas e do San Froilán en 2010. Comba Campoy, produtora executiva do documental, presentará o filme xunto coa concelleria de turismo, Ángeles Villapol.
O documental trata de restaurar a memoria da familia Silvent a partir de conversas cos únicos descendentes dos titiriteiros, e da reconstrucción do espectáculo realizado pola compañía lalinense Viravolta. Paralelamente, o filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo. Deste xeito, a rodaxe, iniciada en maio de 2009 en Londres, levou ao equipo de Tintimán Audiovsiual por Francia, Italia, Nápoles, República Checa e Portugal, así como aos festivais de títeres de Segovia ou de Redondela.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



