O candidato popular sinala que socialistas e nacionalistas deberían pedir perdón aos veciños da Mariña por retrasar durante a súa etapa de mandato todos estes investimentos que si levaron adiante desde o PP
Balseiro lembra que o único que se investiu no Hospital da Costa nos últimos oito anos foi durante a lexislatura de Goberno do PP
Salienta os dous millóns de euros achegados para a reforma integral do servizo de Tocoxinecoloxía, a reforma da cuberta, rampla de acceso, ampliación da área de espera da resonancia, espazo de farmacia e áreas de arquivo do hospital e a adquisición de novos ecógrafos e o investimento inminente na mellora do servizo de anestesia.
Balseiro asegura que antes de fin de ano Sanidade presentará o novo plan funcional do Hospital da Costa no que xa está traballando a Xunta e no 2013 o plan director e arquitectónico que fará posible a ampliación do centro na vindeira lexislatura.
A Mariña, 3 de outubro de 2012.- O deputado e número tres da candidatura do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe a socialistas e nacionalistas que os únicos investimentos realizados no Hospital da Costa nos últimos oito anos foron os que se levaron a cabo na última lexislatura co goberno do Partido Popular. Balseiro pon de relevo as mentiras de socialistas e nacionalistas en relación co centro sanitario de referencia da Mariña que foi totalmente esquecido polo bipartito
INVESTIMENTO CERO FRONTE A 2 MILLÓNS DE EUROS
Balseiro contrapuxo a achega -nestes últimos catro anos- de máis de dous millóns de euros en obras e melloras tecnolóxicas para este centro hospitalario de referencia da Mariña lucense, co investimento cero durante a etapa de goberno bipartito, un feito que non tiveron mais remedio que recoñecer desde a Xunta de Galicia gobernada por PSOE e BNG a través dunha resposta parlamentaria ao propio deputado popular.
OBRAS E MELLORAS TECNOLÓXICAS
Entre as actuacións desenvolvidas polo PP, e esquecidas por socialistas e nacionalistas durante o seu mandato están, a reforma integral do servizo de Tocoxinecoloxía, para o que se investiu máis de un millón de euros e as obras de mellora por un importe de 518.793 euros na reforma da cuberta, rampla de acceso, ampliación da área de espera da resonancia, farmacia e áreas de arquivo do hospital
Balseiro tamén recorda que fronte aos cero euros do bipartito, o PP investiu en equipamentos para a modernización tecnolóxica do hospital como foi os 169.000 para a adquisición de novos ecógrafos nas áreas de cardioloxía, xinecoloxía e radioloxía, ou a implantación do servizo de prevención precoz do cancro de mama que agora dispón de instalacións permanentes no hospital, moito máis modernas.
A todas estas actuacións sumamos tamén o investimento inminente para a reforma integral de todo o servizo e tecnoloxía de anestesia cunha achega estimada de preto de 200.000 euros.
AMPLIACIÓN DO HOSPITAL
Os populares lembraron que a próxima lexislatura será a da ampliación do Hospital da Costa, a gran materia pendente, na que o Goberno do Partido Popular vén traballando intensamente nos últimos anos xa que está antes de final de ano terá rematado o plan funcional -moderno e adaptado ás novidades técnico-cirúrxicas actuais- e no 2012 presentará o plan director e arquitectónico do Hospital da Costa.
PEDIR PERDÓN
Todos estes datos obxectivos demostran que socialistas e nacionalistas non están lexitimados para falar do hospital da Costa, todo o contrario, “o que deberan facer -dixo Balseiro- é pedir perdón aos veciños da Mariña por retrasar catro anos durante a súa etapa de mandato todos estes investimentos e proxectos que si levou adiante o PP”



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



