UNIFOZ, QUERE UN PLAN DE EMPREGO DE SEIS MESES .
O PP e o sr Castiñeira, seguen enganando ao pobo de Foz, fai un tempo negouse a debater a necesidade dun PLAN DE EMPREGO, proposto polo PSOE e UNIFOZ, por dicir que era da súa competencia, e non fixo nada en materia de emprego.
O 31 de maio de 2012,, aprobase unha partida no presuposto para facer un PLAN DE EMPREGO, e comprometese a que sexa a Corporación que ELABORE AS BASES, deixa pasar o tempo sen facer nada, ante a reclamación de UNIFOZ no mes de setembro ,desculpase de que non é ético facer un plan e época electoral, e agora a dous días de remate de campaña anuncia un Plan de Emprego para dous meses, QUE NIN SERÁ DE DOUS MESES.
O Sr Alcalde, demostra unha vez máis, falta de seriedade e engano a Corporación e de forma especial a quen lle facilitou a aprobación dos presupostos do presente ano.
UNIFOZ, pídelle ao E.DG. do PP de Foz, que cumpra o compromiso que figura na acta do pleno do 31 de maio de 2012 ,e presente o Plan de Emprego para o seu deseño e aprobación na mesa da Corporación.
Unifoz, que foi o grupo máis insistente ao longo de todo o ano, para que o Sr Alcalde fixera un plan de emprego para amortecer a situación de desemprego que padecen os veciños de Foz, ten que ser crítico coa chapuza de plan de emprego que nos presenta para MENOS DE DOUS MESES.
Un plan de emprego que:
-Non foi consensuado pola MESA DE NEGOCIAZIÓN, segundo consta no convenio laboral en vigor.
-Non se reservou nin unha sola praza para discapacitados, o que demostra unha vez máis o nula sensibilidade de este E.G, coas persoas máis necesitadas.
-Non se inclúe, ningún posto para persoas tituladas, o que demostra un desprezo a nosa mocidade con titulación, que non se lles concede ningunha oportunidade.
-Non se inclúen nas bases ningún criterio social para a selección das persoas.
-Incumpre a súa palabra de compromiso coa Corporación de consensuar as bases , segundo consta en acta do pleno do 31 de maio do 2012.
-Non se inclúe no plan, ningunha persoa para traballar en axuda no fogar, o que demostra a falta de sensibilidade con este servizo e coas persoas que necesitan esta axuda.
-O deseño do plan non responde as necesidades reais do concello en estes momentos, nin ten previsto os medios materiais e de seguridade necesarios para dotar aos 24 persoas que se contrataran, nin os proxectos de obras a executar.
UNIFOZ, quere un plan de emprego real as necesidades do Concello, de seis meses de duración e ao logo de todo o ano, e no que se inclúan tamén prazas para discapacitados, prazas para xente con titulación, e que responda a un proxecto do que queremos para Foz
Non sabemos si pola improvisación ou porque falla de capacidade , este goberno di unha cousa pola mañá e outra pola tarde, é o que é peor non fai nin unha nin outra.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



